miniatura|Rubus caesius O xénero Rubus acolle a especies de plantas pertencentes á familia das rosáceas, subfamilia Rosoideae. A silveira e o framboeseiro pertencen a este xénero.
Descrición botánica As especies do xénero Rubus caracterízanse por posuír talos espiñentos como as roseiras e a miúdo se lles chama silvas; aínda que o nome é máis frecuentemente utilizado para a especie Rubus ulmifolius (a verdadeira silva ou silveira) e especies similares coma Rubus fruticosus, que teñen hábitos rubideiros, e non para o framboeseiro que posúe talos erectos. Os seus froitos (amoras e framboesas), encádranse popularmente nos chamados froitos do bosque; botanicamente malia agruparse coma bagas non o son. Os froitos son carnosos e están formados por numerosas drupas miudiñas (polidrupa) unidas entre si.
Especies
Algunhas das especies máis coñecidas do xénero:
Rubus caesius Rubus idaeus: framboeseiro común Rubus chamaemorus: silveira boreal Rubus fruticosus: silveira brava Rubus glaucus: silveira andina Rubus loganobaccus: silveira de Logan (híbrido natural entre framboeseiro e silveira) Rubus phoenicolasius: framboeseiro xaponés Rubus spectabilis: silveira laranxa Rubus ulmifolius: silveira de follas de umeiro
Véxase tamén Outros artigos Amora Rubus subg. Rubus