Iznájar é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2010 tiña 4.714 habitantes. A extensión superficial do seu termo municipal é de 136 km² e tiña unha densidade de 34,57 hab/km². As coordenadas xeográficas do núcleo urbano son 37º15' N e 4º18' O. A vila, coroada polo Castelo de Hisn-Ashar e a Parroquia de Santiago Apóstolo, atópase a unha altitude de 539 msnm e a 110 km da capital de provincia, Córdoba. A finais do século XIX, máis de dous terzos da súa poboación estaba diseminada por cortixos, casas de campo e aldeas. Aínda na actualidade, máis da metade dos habitantes están inseridos no rural.

Toponimia O nome de Iznájar debe proceder do árabe Hisn-Ashar حصن عشر, que significa "castelo alegre".José María Calvo Baeza, Nombres de lugar españoles de origen árabe, Madrid, Darek-Nyumba, 1990 (col. Pliegos de Encuentro Islamo-Cristiano, núm. 11)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Iznájar - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía Paisajes Culturales de Andalucía: Paisaje de Iznájar. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico

Categoría:Concellos da provincia de Córdoba