O xoio, lerica ou tarelaNomes vulgares galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (Lolium temulentum), é unha planta anual pertencente á familia das Gramíneas e ao xénero Lolium.

Descrición miniatura|left| Habitus

Gramínea de inflorescencia simple e longa. As espiguiñas sentadas, están dispostas de xeito alterno, unha a seguir da outra a cada banda do talo. Diferénciase este Lolium doutros pola forma (oval non lanceolada), tamaño e consistencia das glumelas; tamén porque a gluma é case tan longa como a espiguiña. Tamén é característico desta planta a presenza dunha argana (aresta), bastante longa e visíbel a simple vista, na glumela das flores basais, aínda que non sexa un carácter fixo.Lolium temulentum en Herbario virtual

De talo rexo, pode medrar até 1 metro de altura, con inflorescencias na espiga e gran de cor violácea.

Adoita medrar nas mesmas zonas produtoras de trigo considerándose unha herba daniña desa cultura. A semellanza entre estas dúas plantas é tan grande, que nalgunhas rexións díselle ao xoio "falso trigo".

Distribución e hábitat Cosmopolita e subcosmopolita. Terófito. Atópase en leiras e nas beiras dos camiños. Herba daniña dos cultivos.

Sinonimia Bromus temulentus (L.) Bernh. Craepalia temulenta (L.) Schrank Lolium arvense With. Lolium giganteum Roem. & Schult. Lolium maximum Willd. Lolium speciosum Stev. ex M.Bieb.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ballico (Lolium perenne) Herba de Vigo (Lolium multiflorum)

Ligazóns externas

Categoría:Lolium Categoría:Pastos Categoría:Plantas medicinais