Pantín Classic é unha competición de surf que se celebra dende 1989 na praia de Pantín (ou praia do Rodo)25 años de historia. El blog del Océano Surf Club no concello de Valdoviño. O Pantín Classic é a proba máis antiga do surf en España e a cuarta máis antiga do mundo despois da World Surf League (WSL) de Bells Beach (Australia), Virginia Beach (USA) e Lacanau (Francia). Dende 2008 a competición está organizada polo Club Praia de Pantín.

Historia miniatura|esquerda|Pantín Classic Pro. Nos anos 1980 xa había na zona de Ferrol unha importante afección ao surf e ás súas variantes. Estes afeccionados recibían un importante pulo tódolos veráns coa visita de turistas estranxeiros que se achegaban ata as costas de Ferrol seguindo a liña de costa do norte de España. As praias de Doniños, San Xurxo, A Frouxeira e Covas eran coñecidas fóra de Galiza. Aínda sendo un deporte elitista e limitado a estamentos sociais moi concretos o surf gañou en difusión. En decembro de 1987 o grupo de afeccionados formado por Vicente Irisarri (que sería alcalde de Ferrol), Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo crean o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza. Co apoio e os contactos axeitados foron quen de poñer en marcha unha competición de surf aproveitando o final do verán e que ás costas achegábanse surfeiros de toda Europa. O lugar elixido foi a praia de Pantín en Valdoviño. Un areal de mar aberto afastado da especulación urbanística e case virxe. A nova iniciativa, a praia de Pantín está a 20 km do centro de Ferrol, completouse cunha intelixente promoción. Durante o verán uns rechamantes carteis con imaxes de surf podíanse ver nas tendas de material deportivo de Ferrol.

Cos anos a competición estaría patrocinada por marcas internacionais como Red Bull, Quiksilver, Headworx ou Ballantines. En 2016 a competición foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Marcas miniatura|Merchandise Pantin Classic Pro, Parque O Boial Ferrol. A primeira edición do Pantín Classic fíxose en 1988 os días 23 e 25 de setembro co seguinte palmarésHISTORIAS. Pantín Classic. 1988-2008. Vida y obra. desde la croa.

Campións Edición Surf Body board 1988 Jorge Imbert ()Fernando Adarraga ()Balbi Irisarri ()Roberto Ziller () Gonzalo Casal “Super” Luis Veiga

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pantín Classic: 25 años de historia. Océano Surf Club (primeira edición 2007, 20 aniversario) Ligazóns externas Sitio web oficial da proba PANTIN CLASSIC - Historia do Surf no norte de España (en Youtube) Pantin Classic - 30 años de historia 17min50seg (en Youtube)

Categoría:Valdoviño Categoría:Surf Categoría:Festas de interese turístico de Galicia