O termo Pé, pode referirse a:

En anatomía (humana e animal), o pé é a parte final da perna, que serve de plataforma de sustentación do corpo, e para camiñar; Por analoxía, en bioloxía o termo pé aplícase a diferentes tipos de estruturas soporte de varios seres vivos, especialmente ao: Pé dos moluscos; Pé dos cogomelos. Así mesmo, por extensión, os termos pé ou pata aplícanse ás estruturas que soportan outras en diversos mobles e outros obxectos (mesas, camas, armarios, hórreos, etc.); O pé é unha unidade de lonxitude do sistema británico que equivale a 0,3047972654 metros; O pé e a unidade métrica do verso grecolatino; Pé azul, nome vulgar do fungo Clitocybe nuda; Pé dereito, cada unha das dúas pezas verticais que están situadas a ambos os lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel, xamba.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Pé da Ruba, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; O Pé da Serra, lugar da parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero; O Pé da Veiga, lugar da parroquia do Sisto no concello de Ourol. O Pé de Arosa, lugar da parroquia de Moucide no concello do Valadouro. Pé de Bispo, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Cospeito; Pé de Viña, lugar da parroquia de Vilaformán no concello de Trabada. Pé do Altar, lugar da parroquia de Barbos, no concello de Ortigueira; O Pé do Corniño, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira; O Pé do Monte, lugar da parroquia de Sasdónigas no concello de Mondoñedo. O Pé do Muíño, lugar da parroquia de Riofrío, no concello de Mondariz; O Pé do Muíño, lugar da parroquia de Meirás no concello de Sada.

Véxase tamén Outros artigos