Dielectro é unha empresa galega de subministración de material eléctrico e electrónico con sede en Arteixo no polígono de Sabón.

A empresa ten 22 centros de distribución por toda España.

Historia A empresa ten as súas orixes en 1951 como almacén e distribuidor de material eléctrico. En 2001 inicia a ampliación fóra de Galicia, na Comunidade de Madrid con catro delegacións: Leganés, San Fernando de Henares, Alcobendas e Pinto no 2007. En 2004 o negocio chega a Cataluña en Sant Boi de Llobregat (Barcelona). Máis tarde Badalona e Poble Nou. En 2005 ten rede propia de distribución en Asturias (Oviedo). Xa no 2006 abren as sedes en Castela e León (Ponferrada) e Levante (Massanassa-Valencia), no 2007 abre a delegación de Gandia.

Actualmente a empresa adícase tamén a distribución de material de fontanería, calefacción ou enerxías alternativas. En 2015 a empresa foi mercada polo grupo francés SoneparUn gigante francés se hace con la empresa gallega de material eléctrico Dielectro lavozdegalicia.es.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Dielectro

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas de telecomunicacións