Manuel Candal Candal, nado en Ordes en 1935 e finado en Vilamartín de Valdeorras o 11 de novembro de 2009, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Rexentaba unha empresa en Vilamartín de Valdeorras. Foi nomeado alcalde deste concello en xuño de 1972 polo gobernador civil.La Región, 14-6-1972, p. 11.Entrevista en La Región Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega obtendo de novo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987 presentouse por Alianza Popular e volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta. Á fronte do PPdeG revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003 e 2007. Foi presidente da Fundación Valdegodos, unha entidade privada destinada á construción e xestión de asilos de anciáns.
Logo de perder o apoio dalgúns dos seus concelleiros, entre eles a súa filla, María Jesusa Candal, o 26 de novembro de 2008 presentou a dimisión alegando motivos de saúde.Manuel Candal Candal abandona la Alcaldía de Vilamartín tras 36 años en el cargo Posteriormente o fiscal de Ourense acusouno dun delito de prevaricación urbanística por unhas licenzas de obra que asinara pouco antes da súa dimisión.Fallece Manuel Candal, que fue alcalde de Vilamartín durante 36 años Noticia en La Voz de Galicia
Vida persoal Faleceu un ano despois de abandonar a alcaldía, vítima dun infarto. A corporación municipal encabezada pola súa filla, nomeouno "alcalde de honra" e fillo adoptivo de Vilamartín."El pleno designa a Manuel Candal hijo predilecto de Vilamartín", La Región, 6/3/2010.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras
Categoría:Alcaldes de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes