dereita|miniatura|250px|Dolores Redondo en 2014. Dolores Redondo Meira, nada en Donostia en 1969, é unha escritora vasca.
Traxectoria De ascendencia galega, estudou Dereito e Restauración. Comezou a escribir relatos curtos e contos infantís. Iniciouse na novela en 2009 con Los privilegios del ángel. A súa triloxía do Baztan, de novela negra ambientada en Navarra, foi traducida ao galego. En 2016 acadou o Premio Planeta por Todo isto che darei, presentada a concurso co pseudónimo de Jim Hawkins baixo o título de Sol de Tebas.
Obras Los privilegios del ángel (2009) O gardián invisible (2013) Edicións Xerais. (El guardián invisible, Destino) Legado nos ósos (2013). Ed. Xerais. (Legado en los huesos, Destino) Ofrenda á tormenta (2014). Ed. Xerais. (Ofrenda a la tormenta, Destino) Todo isto che darei (2016). Ed. Xerais.Todo isto che darei (Todo esto te daré, Destino) A cara norte do corazón (2019). Ed. Xerais (La cara norte del corazón, Destino). As que non dormen NASH (2025). Aira Ed. (Las que no duermen NASH, Destino)
Premios Premio Planeta en 2016 por Todo isto che darei.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web da autora Ficha da autora en Xerais
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores do País Vasco