Julio Otero Mirelis, nado en Ponte Arnelas (Ribadumia) cara a 1895 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1979,Necrolóxica en El País, 29-6-1979, p. 28. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse como procurador na Coruña en 1924.El Eco de Santiago, 4-4-1924 , p. 2. Na República militou no Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 14 de setembro de 1933, pasando o 20 de decembro a ser gobernador de Ourense e o 28 de xuño de 1934 de Zaragoza, posto no que permaneceu ata o 20 de agosto de 1935. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi candidato a deputado polo PRR na provincia de Pontevedra, non saíu elixido e foi detido por manexos electorais xunto con Emiliano Iglesias. Desde o cárcere de Pontevedra publicaron unha carta dicindo que “han sido víctimas de una infame maniobra de sus enemigos políticos […] que engañan descaradamente a la opinión, con la finalidad de lanzar a las masas izquierdistas contra ellos, […] Así que se ven obligados a abandonar Galicia”.Faro de Vigo, 24-2-1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno na zona leal e durante a Guerra civil permaneceu nela.El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 5. Regresou a Galicia ao rematar a guerra,El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 2. e seguiu exercendo a súa profesión de procurador. Despois foi procurador en Madrid.
Vida persoal Casou na Coruña con María de los Remedios Pérez Rodríguez en novembro de 1922El Progreso, 17-11-1922, p. 2. e foi pai de Julio Antonio Otero Pérez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Zaragoza Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1979