Hemartros ou hemartrose é a presenza de sangue no interior do espazo articular. As articulacións máis afectas son a articulación do xeonllo e a do cadril.
Causas Polo xeral a causa principal é un traumatismo que fai que sangue a articulación, mais tamén se poden presentar de xeito espontáneo ou após un pequeno traumatismo nun paciente con certa predisposición á hemorraxia, como por exemplo os doentes que están a ser tratados con anticoagulantes orais como acenocumarol (Sintrom ou Sinthrome®) ou warfarina. Tamén é posíbel que exista hemartrose en pacientes doentes de hemofilia.
Cando se trata dun hemartros do xeonllo pode estar asociado a unha artroplastia desta articulacion.
Tratamento O tratamento médico de elección e a sinovectomía ou o recambio por medio dunha prótese.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Articulación (anatomía) Sinovectomía
Categoría:Traumatoloxía