O Gatorade Center (anteriormente denominado Typhoon, Elysée Arena, Turkuhalli e HK Areena), é un pavillón deportivo da cidade de Turku, Finlandia. Malia ser empregado para concertos e outros eventos, o seu principal uso é a práctica do hóckey sobre xeo, sendo a sede do principal equipo da cidade, o HC Turun Palloseura (TPS) da SM-liiga (máxima competición do hóckey sobre xeo finés).
Historia miniatura|300px|Interior do Gatorade Center. A construción do HK-areena comezou en 1989, e a súa inauguración tivo lugar o 25 de decembro de 1990. En 1991 o estadio foi a sede principal do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1991, e ese mesmo ano rexistrou o seu récord de asistencia con 12.041 espectadores. Entre 1996 e 1997 realizáronse obras para renovalo e modernizalo, e ao ano seguinte foi novamente sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino xunto co Hartwall-areena (Helsinqui) e o Tampereen jäähalli (Tampere). En 2003 repetiu como sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino, novamente xunto aos principais estadios das cidades de Helsinqui e Tampere.
Nomes Typhoon Arena (1989-1994) Élysée Arena (1994-2006) Turkuhalli (2006-2010) HK Arena (2010-)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do HK-areena O HK-areena en www.WorldStadiums.com Ficha do estadio en www.hockeyarenas.net
Categoría:Estadios da SM-liiga Categoría:Deporte en Turku