miniatura|262px|dereita|Bandini nos 1000km Nürburgring de 1965 cun Ferrari Dino. dereita|262px|miniatura|Bandini no Gran Premio de Alemaña de 1966 cun Ferrari 312.
Lorenzo Bandini, nado en Barce (Libia) o 21 de decembro de 1935 e finado en Monte Carlo o 10 de maio de 1967 foi un piloto italiano de automobilismo que correu en Fórmula 1 para os equipos Scuderia Centro Sud e Ferrari.
Traxectoria Bandini naceu en Barce,<ref name=NewYorkTimesMay8>Hulme Takes Monaco Race; Bandini Seriously Hurt, New York Times, May 8, 1967, Page 59</ref> Cirenaica,Lorenzo Bandini, The Times, May 11, 1967, Page 12. Libia, entón unha colonia italiana. A familia regresou a Italia en 1939 e residiu preto de Florencia, Italia. Cando tiña 15 anos o seu pai morreu. Bandini foise de casa e atopou un traballo como aprendiz de mecánico no taller Freddi en Milan.
Abriuse camiño no automobilismo desde o motociclismo.Italy's Bandini Dies Of Monte Carlo Burns, Stars and Stripes, May 11, 1967, Page 20. Comezou as carreiras de coches en 1957 nun Fiat 1100 prestado. Os ricos Freddi moldearon a carreira de Bandini e axudaronlle desde o comezo da mesma.
Logrou unha vitoria de primeira clase na Mille Miglia, nun Lancia Appia Zagato, en 1958. Logo correu en Fórmula Júnior ata 1961. Bandini comprou un coche Volpini de Fórmula Júnior e quedou en terceiro lugar na súa primeira carreira en Sicilia. En 1959 e 1960 pilotou un Stanguellini na Fórmula Júnior. En 1960 quedou en cuarto lugar no Campionato do Mundo de Fórmula Júnior.
En 1961 Bandini decepcionouse cando Giancarlo Baghetti, tamén italiano, foi seleccionado para pilotar un Ferrari patrocinado pola asociación italiana motor clubs FISA. Con todo, chamou a atención de Mimo Dei, o patrón do equipo Scuderia Centro Sud. Foi invitado a unirse á Scuderia Centro Sud na Fórmula Un. Nunha carreira fóra de campionato, terminou terceiro en Pau. Bandini pilotou a súa primeira carreira de campionato do mundo en Spa máis tarde en 1961. Retirouse por un fallo de motor. Durante o inverno de 1961-1962 pilotou nas carreiras da Tasman Series. Nas carreiras de Australia e Nova Zelandia.
Na sede en Maranello do equipo Ferrari o éxito do equipo diminuía logo dos triunfos da Phil Hill e Wolfgang von Trips cos novos coches con motor traseiro. Hill gañou o Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1961. Bandini foi contratado por Ferrari para as tempadas de e , fíxoo bastante ben. O seu debut no equipo oficial Ferrari foi bo, no Gran Premio de Mónaco de 1962. Obtivo o terceiro lugar.
En 1963 Bandini foi retido por Ferrari soamente para as carreiras de autos deportivos. Dei, unha vez máis axudouno comprándolle un BRM desechado por Graham Hill. Bandini participou co BRM cas cores da Scuderia Centro Sud.
Bandini, xunto con Ludovico Scarfiotti, gañou as 24 Horas de Le Mans pilotando para Ferrari en 1963. De novo converteuse no piloto número un de Ferrari, en substitución de John Surtees que se foi a metade de tempada de . Tivo a mala sorte de non gañar os Grandes Premios de Francia e os Estados Unidos dese ano, que dominaba antes de abandonar debido a problemas mecánicos cando tiña unha vantaxe enorme. O mellor resultado de Bandini foi un segundo posto no Gran Premio de Mónaco nun 2.4 litros V-6 Ferrari detrás do BRM de Jackie Stewart.
En Bandini gañou o primeiro Gran Premio de Austria no circuíto de Zeltweg, a súa única vitoria nun GP. Tamén logrou vitorias para Ferrari en Sports car racing, en particular a xa mencionada 24 Horas de Le Mans en 1963, a Targa Florio en 1965 canda ao siciliano Nino Vaccarella, e as 24 Horas de Daytona en 1967 e os 1000 quilómetros de Monza, ambos con Chris Amon.
Accidente e morte En maio de 1967 Bandini estaba correndo no Gran Premio de Mónaco, marchaba segundo tras Denny Hulme na volta 82, cando perdeu o control do seu coche na chicane do porto. Acababa de entrar nunha curva en forma de S cando a roda traseira esquerda do seu Ferrari golpeou a varanda, enviándoo nunha derrapaxe errática. Impactou cun poste de luz e envorcou."Hulme Wins Monte Carlo; Bandini Hurt", Sheboygan Press, May 8, 1967, Page 13. O coche bateu cas pacas de palla que bordeaban o lado do porto, rompeu o tanque de combustible, e as faíscas acenderon o combustible cando o coche deu a volta, con Bandini atrapado debaixo del. Os comisarios puxeron o seu auto en posición vertical e sacaron a Bandini, inconsciente, do Ferrari en chamas. Crese que, durante o esforzo para por dereito o coche envorcado, a gasolina filtrouse ao circuíto de freado ou ao tubo de escape que estaban quentes e explotou. Un segundo incendio produciuse cando o tanque de gas explotou logo de que retirasen a Bandini do Ferrari.
As queimaduras de Bandini eran extensas, con queimaduras de terceiro grao que cubrían máis do 70% do seu corpo. As peores foron as queimaduras nos brazos e as pernas, con queimaduras leves na cara. As queimaduras causaron graves lesións. Tamén sufriu unha ferida no peito e dez fracturas torácicas.
Tres días máis tarde, Bandini sucumbiu ás súas feridas. Morreu no Hospital Policlínico Princesa Grace en Monte Carlo. Había preocupación pola rapidez do rescate de Bandini. Pero, os investigadores do Principado de Mónaco ditaminaron o 10 de maio "que a operación de seguridade funcionara correctamente". As pacas de palla, foron eliminadas de todas as carreiras de Fórmula 1 como consecuencia do accidente, foron substituídos por unha longa varanda ao ano seguinte.
O funeral de Bandini celebrouse en Reggiolo o 13 de maio."Mass Held For Bandini", New York Times, May 12, 1967, Page 56. 100.000 persoas asistiron ao funeral."100,000 at Bandini Rites", New York Times, May 14, 1967, Page S4. Foi enterrado posteriormente no cemiterio de Lambrate, en Milán.Photos of Bandini's tombstone . Accessed 2012-12-03.
Durante a rodaxe da película Grand Prix, dirixida por John Frankenheimer, Bandini recomendou a localización na chicane do porto para unha escena de accidente na película filmada no circuíto de Monte Carlo. Segundo a actriz Eva Marie Saint en "The Making of Grand Prix", esta localización foi ironicamente o sitio da súa propia morte en carreira un ano despois.
Vida persoal
Bandini estaba casado con Margherita Freddi en 1963 e dirixía un garaxe propiedade dos seus sogros en Milán. Residía en Maranello, preto da Ferrari.Bandini Dies of Race Injuries, New York Times, May 11, 1967, Page 62. Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Pts. Scuderia Centro Sud Cooper T53 Maserati4 en liña MON NED BELRet FRA RU12 ALERet ITA8 USA NC 0 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NED MON3 BEL FRA RU ALERet ITA8 USA RSA 12º 4 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 MON BEL NED FRA10 RU5 ALERet 10º 6 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 ITARet USA5 MEXRet RSA5 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON10 RU5 ALE3 AUT1 4º 23 Ferrari 158 Ferrari V8 NEDRet BELRet FRA9 ITA3 North American Racing Team Ferrari 1512 Ferrari Flat-12 USARet MEX3 Scuderia Ferrari Ferrari 1512 Ferrari Flat-12 RSA15 MON2 BEL9 FRA8 ITA4 USA4 MEX8 6º 13 Ferrari 158 Ferrari V8 RURet NED9 ALE6 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 MON2 BEL3 9º 12 Ferrari 312/66 Ferrari V12 FRANC RU NED6 ALE6 ITARet USARet MEX Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA MONRet NED BEL FRA RU ALE CAN ITA USA MEX NC 0
Resultdos Non de campionato (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida''.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 1961 Scuderia Centro Sud Cooper T53 MaseratiStraight-4 LOM GLV PAU3 BRX VIE AIN SYR7 NAP3 LON SIL SOL KAN DAN MODRet FLG11 OUL LEW VAL RAN NAT RSA 1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 CAP BRX LOM LAV GLV PAU5 AIN INT NAP2 MAL CLP RMS SOL KAN MED1 DAN OUL MEX RAN NAT1963 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 LOM GLV PAU IMORet SYR AIN INTDSC ROM SOL4 KAN MED3 AUT OUL Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 RAN2 1964 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 DMT NWT SYR2 AIN INTWD SOLRet MED RAN 1965 Scuderia Ferrari Ferrari 1512 Ferrari Flat-12 ROCWD SYR3 SMT INT7 MED RAN 1966 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 RSA SYR2 INT OUL 1967 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 ROC2 SPC INT SYR OUL ESP
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lorenzo Bandini's fatal accident
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición