ORS 1 (Octahedron Research Satellite 1 ou Octahedral Research Satellite 1), tamén denominado ERS 15, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 19 de agosto de 1966 mediante un foguete Atlas-Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características ORS 1 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. ORS 1 foi lanzado xunto cos satélites RTS-1 2 e EGRS 7. Levaba a bordo varios experimentos, todos relacionados coa soldadura en frío no espazo e transmitía na frecuencia de 136,44 MHz.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites