Mohamed Said Fofana, nado en 1952, é un político e economista guineano que ocupa o cargo de primeiro ministro de Guinea desde o 24 de decembro de 2010, substituíndo a Jean-Marie Doré.
Traxectoria Anteriormente foi ministro de Comercio e presidente da Cámara de Comercio. Segundo fontes periodísticas, o presidente Alpha Condé escolleuno para o cargo de primeiro ministro, aínda non ser moi coñecido, polas súas conexións internacionais e as boas relacións que forxou cando era ministro. No seu primeiro discurso tras o seu nomeamento fixo un chamamento á "paz" e á "unidade nacional".
Notas
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Guinea Categoría:Primeiros ministros de Guinea