Este artigo trata de diferentes tipos de estruturas cefálicas de moitos animais. Para o rostro humano ou cara, véxae Face. miniatura|250px|O rostro do camarón Macrobrachium rosenbergii ten os bordos serrados.
O rostro, do latín rostrum, "bico" (das aves), é unha estrutura presente na cabeza de diferentes grupos de animais, adoptando formas diversas e que, en xeral, recordan a forma do bico das aves.
O seu uso nos diferentes grupos de animais non indica unha relación filoxenética nin embrionaria destes órganos.
Nos crustáceos, o rostro, tamén denominado rostrum, en latín, na bibliografía carcinolóxica, é a extensión anterior do cefalotórax, xeralmente aguzada, que se proxecta máis alá dos ollos.
Nos insectos da orde dos hemípteros, o rostro é o nome que se lle dá ao seu aparello bucal chupador. Tamén se lle pode chamar rostro ao longo fociño dos curculiónidos.
Os moluscos gasterópodos teñen un rostro ou probóscide.
O bico, nariz ou fociño dos vertebrados tamén pode denominarse rostro ou cara, especialmente no caso dos golfiños e outros cetáceos.http://www.dolphins-world.com/dolphin-anatomy/
Galería de imaxes de rostros en diferentes animais
Notas
Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos