Schaan é un concello do principado de Liechtenstein, situado ao norte da capital, Vaduz. Contaba en 2010 cunha poboación de 5.766 habitantes, sendo a cidade máis poboada do país.

Xeografía Limita ao norte cos municipios de Gamprin e Eschen, ao leste con Planken, Frastanz (Austria) e Triesenberg, ao sur con Vaduz, e ao oeste con Buchs (Suíza).

Grazas aos seus tres exclaves limita tamén cos municipios de Balzers e Triesen en Liechtenstein, Nenzing en Austria, e Maienfeld en Suíza.

Lugares de interese

Capela Dux. Concello de Schaan. Parroquia de Schaan. Estadio Sportplatz Rheinwiese, do FC Schaan. Río Rin (ao seu paso pola cidade). Comunicacións A cidade ofrece unha estación de ferrocarril compartida con Vaduz, e unha estación de autobuses, operativa as 24 horas. Ademais, a cidade ten numerosos carrís bici que conectan coa veciña cidade de Vaduz. A cidade de Schaan é moi famosa no país por ser a sede da fábrica de lácteos Hilcona AG, situada en Schaan alta, e que a comercializa por Liechtenstein, Suíza e Austria.

Deporte Ademais do seu equipo de fútbol, o FC Schaan, que xoga na liga suíza, conta cun pavillón de deportes, que ten unha piscina, un ximnasio, unha pequena cancha de fútbol, unha de baloncesto e un salón multiúsos. No país só hai catro centros deportivos: en Vaduz, Ruggell, Balzers e Schaan.

Véxase tamén

Outros artigos Diáspora galega Ligazóns externas Sitio web do municipio de Schaan .

Categoría:Concellos de Liechtenstein