Triesen é un concello situado no sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.827 habitantes.

Xeografía Limita ao norte co municipio de Vaduz, ao leste con Triesenberg, ao sueste con exclaves dos municipios de Vaduz, Schaan e Balzers, ao sur con Maienfeld (Suíza) e Fläsch (Suíza), ao suroeste con Balzers, e ao oeste con Wartau (Suíza) e Sevelen (Suíza).

Lugares de interese Piscina municipal de Triesen. Banco Nacional de Triesen (unha das construcións máis modernas). Circuíto de motocross. Igrexa de St. Mamerten. Igrexa de St. Gallus. Galería de arte de Triesen.

miniatura|left|150px|Parroquia de St. Gallus Comunicacións Triesen é un dos municipios máis grandes do país, polo que está moi ben comunicado. Triesen posúe varias paradas de autobús e unha estación. Respecto doutros transportes, destaca o automóbil e unha estación de tren, chamada Forst Hilti. O outro transporte, ademais de ser o máis rendible é o menos contaminante, é a bicicleta. Desde Triesen parten numerosos carrís bici que comunican a cidade con outras localidades como Vaduz, Schaan ou Balzers.

Deportes O FC Triesen é un dos poucos equipos de Liechtenstein que xogan en Suíza. Como Triesen se atopa nun val rodeado de altas montañas, o deporte máis practicado é o esquí, así como outros deportes de inverno. Outros deportes importantes son a patinaxe sobre xeo e a natación, xa que hai unha piscina municipal cuberta. O circuíto de motocross de Triesen é o único que hai no país.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do municipio de Triesen

Categoría:Concellos de Liechtenstein