San Fiz é un lugar da parroquia da Xesta, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 27 habitantes (15 mulleres e 12 homes), un máis ca en 1999.
Toponimia
O topónimo San Fiz é un haxiotopónimo referido a Fiz de Xirona, e débese á presenza no lugar da igrexa de San Fiz da Xesta. Lugares e parroquias Lugares da Xesta
Parroquias de Lalín
Categoría:Lugares de Lalín