é un filme de animación xaponés dirixido e escrito por Hayao Miyazaki que se estreou en 1984. Baséase no manga homónimo. Está protagonizado polas voces de Sumi Shimamoto, Gorō Naya, Yōji Matsuda, Yoshiko Sakakibara e Iemasa Kayumi."Kaze No Tani No Naushika". bcdb.com, 13 de maio de 2012
Sinopse Nun futuro afastado, mil anos despois dunha guerra de carácter apocalíptico, a Terra aparece cuberta de bosques inzados de fungos velenosos e de insectos xigantescos. Os homes foron case exterminados; os superviventes viven nalgúns poboados illados e sobreviven a duras penas a carón dun bosque contaminado con gases tóxicos. Nausicaä é a princesa do Val do Vento, un reino minúsculo, rodeado de reinos máis poderosos e hostís. É unha guerreira que sabe pilotar naves, pero é tamén compasiva, tanto que se resiste a ver ós insectos como inimigos, sobre todo ós Ohms, artrópodos xigantescos e temibles polos que sente unha estraña simpatía. A crise estoura cando o reino veciño de Tolmekia, encabezado pola princesa Kushana, invade O Val do Vento e intenta emular a un cruel "Deus da guerra".
Personaxes CharactersVoz xaponesaNausicaäSumi ShimamotoAsbelYōji Matsuda KushanaYoshiko SakakibaraMestre YupaGoro NayaObabaHisako KyōdaKurotowaIemasa KayumiRei JihlMahito TsujimuraMitoIchirō NagaiGolKōhei MiyauchiGikuriJōji YanamiLastelleMiina TominagaMaior de PejiteMakoto TeradaNai de LastelleAkiko Tsuboi
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes de Studio Ghibli