Joseph Garcia, nado en 1967, é un historiador e político xibraltareño, e o actual líder do Partido Liberal de Xibraltar (GLP) e Viceministro xefe do Goberno de Xibraltar. O GLP controla tres dos 17 asentos no Parlamento de Xibraltar tras as eleccións xerais de 2011 e está no goberno cos seus aliados políticos, o Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP).

Educación Dr. Garcia é graduado da Universidade de Hull cunha licenciatura con honras de primeira clase en Historia e obtivo un doutoramento sobre «O desenvolvemento político e constitucional de Xibraltar».

Carreira política Garcia foi líder do GLP dende 1992 e foi elixido por primeira vez na entón Casa de Asemblea de Xibraltar tras unha elección parcial. El serviu como ministro na sombra de Turismo e asuntos comerciais de 1999 a 2000. Foi reelixido nas eleccións de 2000 e exerceu como ministro na sombra para Servizos de Comercio, industria, turismo e servizos financeiros ata 2003. En 2011, Garcia foi nomeado vicepresidente da Internacional Liberal. Logo, o partido de Garcia formou unha coalición para disputar as eleccións de 2003 co GSLP, que gañou cinco asentos, e Garcia se reelixiu para servir como ministro na sombra de Comercio, industria, turismo e patrimonio ata 2007, cando foi de novo reelixido nas eleccións, servindo ao mesmo ministerio na sombra.

Despois de 12 anos na oposición, Garcia pasou a formar parte do goberno tras as eleccións do 8 de decembro de 2011. O novo Ministro xefe de Xibraltar, do GSLP, Fabian Picardo, nomeou Garcia como Viceministro xefe, responsable pola planificación e terras, reforma política, democrática e cívica, e aviación civil.

Garcia apoia o Panorama, que é un xornal xibraltareño. O seu pai, Joe, traballou como editor do diario.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con o Dr. Joseph Garcia

Categoría:Políticos de Xibraltar Categoría:Nados en Xibraltar Categoría:Nados en 1967