Bárbara Muñoz, nada en Madrid o 7 de setembro de 1983, é unha actriz española.
Biografía Cursou os seus estudos no Colexio Santa María del Valle. Alcanzou popularidade a raíz do seu papel da enfermeira Alicia Monasterio en Hospital Central, serie á que se incorpora no ano 2006. Antes, en 2004, participara nun episodio interpretando un personaxe distinto. Tamén colaborara en varios episodios de Los Serrano e formara parte do elenco da serie xuvenil Corta-t de Cuatro.
En cine, debutou en 2003 coa película Cosas de brujas, de José Miguel Juárez. A esta seguíronlle Besos de gato, de Rafael Alcázar no mesmo ano; Banal (2006), curtametraxe de David Planell e La máquina de bailar (2006), de Óscar Aibar.
Filmografía Televisión Hospital Central (2006-2012). Telecinco. Como Alicia Monasterio. Corta-t (2005-2006). Cuatro. Como Camino. Hospital Central (2004). Telecinco. Como Julia. Los Serrano (2003). Telecinco.
Cine La máquina de bailar (2006). Como Lara. Banal (2006). Como Ainoa. Besos de gato (2003) Cosas de brujas (2003)
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1983 Categoría:Actores de Hospital Central Categoría:Personalidades sen imaxes