Leoncio Areal Herrera, nado na Coruña o 17 de maio de 1903 e finado en Ourense o 9 de maio de 1984, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid (1914-1921). Iniciou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid en 1921 e obtivo o título en 1928. Dende 1929 exerceu como médico en Madrid. En 1934 foi destinado como puericultor a Ourense. Secretario do Colexio de Médicos de Ourense (1936-1939). Foi xefe dos servizos de Hixiene Infantil no Instituto Provincial de Sanidade. Concelleiro en Ourense, foi nomeado alcalde en 1954, logo da dimisión de Eduardo Valencia Fernández e tomou posesión o 28 de marzo.La Noche, 30-3-1954, p. 4. Deixou a alcaldía en febreiro de 1955 ocupando o posto como alcalde accidental Manuel García Manzano, tenente alcalde. Foi procurador nas Cortes Españolas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes