+ 240px Fundación 1998 Xénero Información xeral País España Cidade Madrid Ámbito Nacional Lingua Castelán Periodicidade Diaria Publicación Matutina Prezo unitario 1,30€ Fundador Luis María Anson Director Francisco Marhuenda La Razón é un xornal español de información xeral, fundado en 1998 por Luis María Anson e propiedade do Grupo Planeta. O seu director actual é Francisco Marhuenda e nel colaboran autores como Alfonso Ussía, César Vidal, Carmen Gurruchaga ou Carlos Rodríguez Braun.

A súa liña editorial é conservadora. Aínda que o seu formato variou en numerosas ocasións desde o seu primeiro número, as portadas de La Razón adoitan ser rechamantes, formadas por apenas tres ou catro noticias. A súa redacción central atópase en Madrid aínda que ten delegacións en Cataluña, Andalucía, Murcia, Valencia e Castela e León.

Polémica Desde que Francisco Marhuenda é o seu director o diario foi protagonista pola intencionalidade e deseño das súas portadas. Chegando ata a saltar a outros medios de comunicación e propiciar un debate na rúa acerca da conveniencia de utilizar este tipo de portadas. En Internet pódense atopar concursos para votar e decidir cal é a portada máis polémica.

A edición do 9 de maio de 2012 causou un gran rexeitamento entre amplos sectores da esquerda e foi criticada ata polo diario francés Le Monde, onde aparecían as fotografías de cinco estudantes con nomes e apelidos e debaixo das imaxes un texto cualificábaos de axitadores por chamar á participación na manifestación contra os recortes educativos. O sindicato de estudantes de España decidiu denunciar ao xornal.A portada de 'La Razón' revolve á esquerda

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de La Razón

Categoría:Grupo Planeta Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais en lingua castelá