O Centro Comercial As Cancelas é un recinto de tendas e lecer na cidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurado o 15 de novembro de 2012, converténdose no terceiro centro comercial da capital galega, despois de Área Central (1993) e o CC Compostela (1998). O edificio está situado no norte da cidade, na Av. Camiño Francés, a carón da entrada do Camiño de Santiago no núcleo urbano da cidade. Recibe o seu nome por estar construído ó pé do monte das Cancelas.

A superficie comercial total das Cancelas é de 50.800 metros cadrados, dividida en 3 andares, cun total de 114 locais. No primeiro andar atópase un hipermercado e outros 46 locais de tendas variadas. No segundo andar atópanse principalmente tendas de roupa, calzado e complementos. Pola súa banda, o terceiro andar está enfocado ó lecer e á restauración. No soto hai dous andares de aparcadoiro con capacidade para 2.150 coches.

A construción do recinto foi promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e REALIA ó 50% cada unha, a través da sociedade "As Cancelas Siglo XXI".

Locais comerciais Planta baixa

Alain Afflelou Arenal C&A Cabellos Cafetería Lois Carrefour Casa Celma Centro Xogo Centros Unico Circusweet

Decimas Game Imaginarium Joyería Jose Luis Kiwoko Le Petit Dètail Lefties Lotería Mayoral Mistelanea Mr Minit

Opticalia Orange Pressto Sport Zone T'Abla The Phone House Tien 21 Tino González Toque Vodafone

Planta primeira

Adidas Benetton Bershka Calzedonia Claires Código Denim Cortefiel

H&M Inside Intimissimi Jack&Jones Joyería Alfonso Kiko Landra Marypaz

Natura Óptica Val Paco Martínez Polinesia Primark Pull and Bear Punt Roma

Sfera Shana Shoes Piel Smooy Spiral Springfield Stradivarius Super Perfumerías Women Secret Zara

Planta segunda Boroa - New Roz Burger King Cinesa Fosters Hollywood Lois Cervecería McDonald´s Muerde la Pasta Oh my good Pizzbur O Códice Solpark Xi Yue

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Centro Comercial As Cancelas

As Cancelas