miniatura|250px|Comparación dun pulmón sano e outro con Doenza pulmonar obstrutiva crónica. A doenza pulmonar obstrutiva crónica (DPOC) (en inglés COPD - chronic obstructive pulmonary disease) é unha enfermidade pulmonar caracterizada pola presenza dunha obstrución das vías aéreas (alvéolos, bronquíolos e bronquios), na meirande parte das veces de xeito progresivo e en xeral irreversíbel. A causa principal da DPOC é a inflamación crónica dos pulmóns por mor da inhalación de pequenas partículas nocivas e gases, sobre todo o fume do tabaco. É por iso que a DPOC é unha doenza prevíbel se se abandona o tabaquismo. A obstrución das vías aéreas provoca pois unha limitación do fluxo do ar aos pulmóns. Esta limitación do fluxo aéreo non é máis ca unha serie de procesos inflamatorios mesturados, como poden ser a bronquiolite obstrutiva, ou enfisema (destrución do parénquima). Co paso do tempo, estes procesos rematan por minguar a capacidade respiratoria do doente e chegan mesmo a acurtar considerábelmente a vida do paciente.A. Martin Zurro: Claves diagnósticas en Medicina de Familia, atención al paciente con asma y EPOC en la consulta del médico de familia. Editorial Masson S.A. 2002, ISBN 84-458-1236-X Entre un 20% e un 25% dos fumadores rematan por desenvolver a doenza. Porén, aínda son descoñecidas as causas da predisposición ao padecemento da DPOC. Case que tódolos estudos confirman que pode ser un compoñente multifactorial o que determine a susceptibilidade individual á enfermidade, isto é, interveñen elementos xenéticos, como ambientais (alimentación, tabaco, estilo de vida etc). É a 4º causa de morte no mundo, e constitúe unha das doenzas na que non se conseguiu minguar a mortalidade nos derradeiros 30 anos.
Desde o ano 2002, no terceiro mércores de novembro celébrase o Día Mundial contra a DPOC.
Definición No ano 2002, o Segundo Consenso Mexicano para o Diagnóstico e Tratamento da DPOC, definiuno coma unha doenza caracterizada pola limitación do fluxo aéreo, que non é modificábel significativamente e usualmente progresiva. Esta limitación asóciase cunha resposta inflamatoria anormal dos pulmóns e a vía aérea cuxos factores de risco máis importantes so a exposición a partículas nocivas e gases, principalmente derivados do consumo de tabaco e a exposición ao fume de leña. Segundo a iniciativa GOLD de 2006, na Guía para o manexo e prevención da DPOC:
Epidemioloxía A prevalencia mundial da DPOC é arredor de entre o 5 e o 10 % da poboación adulta entre 40 e 80 anos. Se se considera o total da poboación, a prevalencia é de aproximadamente o 1 % en todas as idades. A EPOC aumentou a súa prevalencia nas últimas décadas e é 3-4 veces máis frecuente en homes que en mulleres (15 % en fumadores, o 12,8 % en exfumadores e o 4,1 % en non fumadores) dada a maior prevalencia do tabaquismo nos homes, aínda que isto espérase que cambie nas próximas décadas, xa que o consumo de tabaco en mulleres xoves é significativamente maior ao dos homes xoves.Pride NB. Chronic obstructive pulmonary disease. Epidemiology, aetiology and natural history. En: Brewis MAL et al editores. Respiratory Medicine. London: Baillière Tindall, 1990. Aínda que a prevalencia depende en gran parte da definición fisiolóxica utilizada, o valor máis simple e con maior sensibilidade é usar a relación FEV1/FVC <0,7 (<70 %).Celli et al. «Population impact of different definitions of airways obstruction.» Eur Respir J. 2003; 22: 268-273. En España realizáronse varios estudos epidemiolóxicos con base poboacional, obtendo unha prevalencia global de 9,1 % (o 14,3 % en homes e o 3,9 % en mulleres) da poboación de adultos maiores de 40 anos.Sobradillo V. et al: Estudio IBEREPOC en España: prevalencia de síntomas respiratorios habituales y de limitación crónica al flujo aéreo. Arch Bronconeumol. 1999; 35: 159-166.Brotons B. Perez J. A. et al: «Prevalencia de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica y del asma. Estudio trasversal.» Arch. Bronconeumol. 1994; 30: 149-52.
A DPOC adoita diagnosticarse tarde, xa que moitos doentes non presentan síntoma ningún. As probas de función respiratoria, como poden ser as espirometrías, poderían axudar a un diagnóstico precoz. A mortalidade por DPOC varía grandemente entre os diferentes países, sendo unha das principais causas de morte tanto nos países desenvolvidos coma nos subdesenvolvidos. O 96% dos doentes teñen máis de 40 anos.
O proxecto Platino, levado a termo pola ALAT (Asociación Latinoamericana del Tórax), foi quen de dar a coñecer a prevalencia da DPOC en cinco países de Iberoamérica (Brasil, Chile, México, Uruguai e Venezuela), variando moito as porcentaxes dun país ao outro, entre un 7,8% en Cidade de México e un 17 % en Montevideo
Mortalidade A mortalidade global da DPOC estaba na sexta posición con 2,2 millóns de mortes en 1990, e prevese unha tendencia en ascenso ata a terceira causa de morte en 2020.Murray et al. "Alternative projections of mortality and disability by cause 1990-2020": Global Burden of Disease Study.Lancet 1997;349:1498-504 Un estudo realizado nos Estados Unidos no período 1971-2000 mostrou que o cambio de maior importancia durante ese tempo foi o aumento da mortalidade nas mulleres, que pasou de 20,1/100 000 en 1980 a 56,7/100 000 en 2000.Mannino DM et al. Chronic obstructive pulmonary disease surveillance-United Sates, 1971-2000. Repir Care 2002;47:1148-9
En 1998, en España, a EPOC representaba a quinta causa de morte nos homes (56,3/100 000 habitantes) e a oitava en mulleres (12,3/100 000 habitantes).<ref>[http://cne.iscii.es/mortal/mortal98/Cau8098.htm Centro Nacional de Epidemiología. Instituto de Salud Carlos III. Mortalidad. España y Comunidades Autónomas]</ref>
Morbilidade De forma global, a morbilidade da DPOC é elevada, aumenta coa idade e é superior en homes que en mulleres na actualidade.
Etioloxía A DPOC está fundamentalmente asociada ao tabaquismo, sobre todo en países desenvolvidos. Nalgunhas sociedades moi deprimidas, debido á exposición a fumes tóxicos, pode desenvolverse EPOC. Tamén se dá casos, aínda que cada vez menos en países desenvolvidos, de persoas que cociñan con lume de leña en espazos reducidos e mal ventilados.
Factores de risco Nos países desenvolvidos, o tabaquismo contribúe ao 95 % dos casos de DPOC, sendo o factor de risco máis prevalecente.P.J.Barnes, S.D.Shapiroby R.A.Pauwels. «Enfermedad pulmonar obstructiva crónica: mecanismos moleculares y celulares.» Eur Respir J. (edición española) 2004;5(2):76-95. Outros factores comunmente asociados a unha DPOC son: miniatura|upright|Distribución do xene PiZZ en Europa.
Factores do hóspede Factores xenéticos: Existen numerosos informes que afirman que na patoxénese da DPOC están ou deben estar implicados varios factores xenéticos ambientais. Partindo da base de que só un 15-20 % dos fumadores desenvolven a enfermidade, é lóxico pensar que a xenética debe desempeñar un papel importante na susceptibilidade individual. Con todo, o estudo Framingham suxire que, na poboación xeral, os factores xenéticos contribúen moi pouco na perda da función pulmonar,Gottlieb DJ, et al. «Heritability of longitudinal change in lung function. The Framinghan Study.» Am J Crit Care Med. 2001;164:1655-9. co fluxo espiratorio en primeiro lugar (FEV1) influenciado principalmente por un locus no cromosoma 6. Un factor xenético establecido da DPOC é a deficiencia de α1-antitripsina (α1-AT) ou inhibidor da protease (α1-PI), aínda que a deficiencia de α1 (alelo ZZ do xene α1-antitripsina-PiZZ) sucede en menos do 1 % dos casos (ver imaxe).Dowson LJ, et al. «Longitudinal changes in physiological, radiological, and health status measurement in alpha(1)-antytripsin deficiency and factors associated with decline.» Am J Respir Crit Care Med 2001;164:1805-9. Xenes candidatos asociados ao desenvolvemento de DPOC. α1 antitripsina (AAT) α1-antiquimiotripsina (AACT) Hidrolase epóxida micosomal (EPHX) Glutatión-S-transferase (GSTs) Hemooxixenase-1 (EPHx) Factor de necrose tumoral alfa (TNF-α) Regulador de trasmembrana de fibrose quística (CFRT) Dieta: Unha inxesta pobre en vitaminas antioxidantes (A, C, E) asociouse nalgunhas ocasións a un maior risco de DPOCBritton JR et al Dietary antioxidant vitamin intake and lung function in the general population. Am. J. Respir Crit Care Med 1995;151:1383-7 Morabia A. et al. «Vitamin A, cigarette smoking and airway obstruction.» Am Rev Respir Dis. 1989;1312-16. e en estudos máis recentes contémplase a importancia da vitamina C e do magnesio.McKeever TM et al. «Propsective study of diet and decline in lung function in a general population.» Am Rev Respir Crit Care Med 2002;165:1299-303. Existe algunha evidencia de que as dietas ricas en aceite de peixe van ligadas a unha menor prevalencia de DPOC, aínda que estudos similares non confirmaron estes achados. Algunhas outras evidencias sinalan que unha dieta baixa en carbohidratos cunha maior achega de graxas saudables no requirimento diario do individuo diminúe a produción de CO2, e podería ser beneficiosa para os pacientes con DPOC. Os flavonoides das froitas e verduras si que parecen beneficiosos.Tabak C et al. «Chronic obstructive pulmonary disease and intake of catechins, flavonols and flavones: the MORGEN Study.» Am Repir Crit Care Med 2001;164:61-4. Unha boa nutrición desde os primeiros anos da vida é moi importante e os recentemente nados de baixo peso para a súa idade xestacional teñén maior risco de desenvolver DPOC en etapas posteriores. Atopia e hiperreactividade bronquial: En pneumoloxía a chamada hipótese holandesa que propoñía que a atopia e a IgE estaban implicadas no desenvolvemento da DPOC.Orie NGM et al. «The host factor in bronchitis.» In Orie NGM, Sluiter HJ eds. Bronchitis, an international symposium Assen, Netherland:Royal Vangorcum, 1961. A DPOC pode ter unha maior reactividade da vía aérea á histamina e á metacolina. Coñécese que a mortalidade por DPOC aumenta con atopia máis grave e con hiperreactividade da vía aérea.Hospers JJ et al. «Histamine airways hyper-responsiveness and mortality from chronic obstructive pulmonary disease:a cohort study.» Lancet 2000;356:1313-17Vestbo J et al. «Airways hiperresponsiveness and COPD mortality.» Thorax 2001;56(Suppl 2) 11-14. Un estudo lonxitudinal indicou unha asociación entre a eosinoflía e a mortalidade por DPOC só en grupos que sufriran ataques de asma.Hospers JJ. et al. «Asthma attacks with eosinophilia predictor mortality from chronic obstructive pulmonary disease in general population sample.» Am J Respir Crot Care Med. 1999;160:1869-74. Sexo: Varios estudos atoparon unha maior prevalencia de DPOC en mulleres que en homesFeinleib M. et al. Trends in COPD morbidity and mortality in the United States. Am. Rev Respir Dis 1989;140:S9-18 Prescott E. et al Gender diffrerence in smoking effects on lung function and risk of hospitalization for COPD: results from a Danish longitudinal population study. Eur Respir J 1997;10:822-7</ref> Aínda que se discute se as mulleres son máis sensibles para os efectos do tabaco, existe evidencia que confirma que as adolescentes novas fumadoras alcanzan unha menor función pulmonar,Gold DR. et al.Effects of cigarrete smoking on lung function in adolecents boys and girls.N Eng J Med 1996;335:931-7 e que para a mesma cantidade de exposición ao tabaco, o risco de ter obstrución das vías respiratórias é maior en mulleres. Nos países en desenvolvemento, as mulleres poden estar expostas en maior grao que os homes debido á contaminación ambiental ao usar combustibles na cociña. Dennis RJ. et al. Woodsmoke exposure and risk for obstructive airways disease among wome. Chest 1996;109:115-9
Factores ambientais A etioloxía da EPOC é multifactorial, e nela interveñen tanto factores xenéticos coma ambientais. Porén, case un 95% dos casos de DPOC no mundo teñen o tabaco como factor asociado. As causas máis importantes de DPOC no mundo son o tabaquismo, a contaminación, as infeccións e factores xenéticos.
Tabaquismo