In blue é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa The Corrs. Gravado no ano 2000, incluíu novos estilos musicais a diferenza dos anteriores traballos, explorando un son máis dance e electrónico porén co seu toque característico irlandés.

In blue conseguiu retomar, malia sen as mesmas dimensións, o éxito do seu anterior disco de estudio, Talk on Corners. Sen atinxir as vendas, acadaron os 7 millóns de discos vendidos e tivo maior impacto directo nas listas de vendas, sendo "número 1" en Irlanda, Reino Unido, España, Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Noruega, Suíza, Suecia, Xapón, Malaisia, Taiwán, Tailandia e Singapur entre outros. Nos Estados Unidos obtivo un disco de platino por 1 millón de copias. O sinxelo Breathless tivo o maior éxito.

Lista de cancións Breathless (Sen folgos) [Single] Give Me A Reason (Dáme unha razón) [Single] Somebody For Someone (Alguén para alguén) Say (Dis) All The Love In The World (Todo o amor no mundo) [Single] Radio (Radio) Irresistible (Irresistíbel) [Single] One Night (Unha noite) All In A Day (Todo nun día) At Your Side (A teu carón) No More Cry (Non máis prantos) Rain (Choiva) Give It All Up (Había renunciar a todo) Hurt Before (Ferida Anterior) Rebel Heart (Corazón rebelde) [Instrumental]

Listaxes de vendas

AnoListaPosiciónCertificación2000Charts Reino Unido1x2 Platino2000Lista España1x3 Platino2000Charts Irlanda1x10 Platino2000Charts Australia1x4 Platino2000Charts Suecia1x1 Oro2000EUA Billboard21x1 Platino2000EUA Internet Álbums1 -2000Charts Francia2x1 Platino2000Charts Finlandia2 -2000Charts Italia2x2 Platino2000Charts Alemaña1x1 Platino2000Charts Suíza1 -2000Charts Austria1x1 Platino2000Charts Nova Zelandia2x4 Platino2000Charts Filipinas1x1 Platino2000Charts Suráfrica1x1 Platino2000Charts Singapur1 -2000Charts Tailandia1 -2000Charts Taiwán1 -2000Charts Portugal1x1 Ouro2000Charts Países Baixos2x1 Platino2000Charts Malaisia1x1 Platino2000Charts Xapón14x1 Platino

Categoría:Álbums de The Corrs Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Atlantic Records