"Mountains" é unha canción da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editada como sinxelo o 18 de agosto do 2008. Orixinalmente foi publicado como sinxelo independente, pero posteriormente a canción foi incluída no quinto álbum do grupo, Only Revolutions. O tema conseguiu o mellor posto de Biffy Clyro nas listas de sinxelo británicas ao acadar o posto número 5.

"Mountains" orixinalmente chamouse "Teeth or Mountains", e foi interpretada ao vivo por vez primeira no Electric Festival en Xetafe, o 30 de maio do ano 2008. O tema é a 40 canción de rock con máis vendas do século XXI no Reino Unido, ao venderse ao redor das 200.000 unidades.

Listaxe de cancións Cancións e letras por Simon Neil. Música por Biffy Clyro. CD "Mountains" – 3:23 "Little Soldiers" – 2:46 7" Picture Disc #1 "Mountains" – 3:23 "Paperfriend" – 4:07 7" Picture Disc #2 "Mountains" – 3:23 "Robbery" – 1:54 iTunes "Mountains (Acoustic Version)"

Categoría:Sinxelos de 2008 Categoría:Cancións de Biffy Clyro