Sants é un barrio de Barcelona, situado na zona sur da cidade, no distrito de Sants-Montjuïc. Foi o núcleo principal do antigo municipio de Sants independente ata 1897, ao que lle daba nome, e que comprendía a zona central do actual distrito de Sants-Montjuïc excluíndo Montjuïc, el Poble Sec e Hostafrancs, que pertencían a Barcelona e a maior parte da Zona Franca que pertencía a L'Hospitalet.
O barrio é atravesado pola Ronda del Mig e polas vías do tren. No barrio atópase a estación ferroviaria de Barcelona-Sants, a máis importante da cidade. Ten un importante eixo comercial, coñecido como estrada de Sants, formado polas rúas da Creu Coberta, en Hostafrancs, e a rúa de Sants.
No século XIX, foi un barrio obreiro con varias fábricas téxtiles, entre outras hai que destacar as do Vapor Vell, convertida en biblioteca e escola en 2001, e a Espanya Industrial ou Vapor Nou, convertida en parque en 1983.
A festa maior celébrase cara ao 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu, patrón do barrio.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Distrito de Sants-Montjuïc El3 Portal de noticias do barrio BarriSants - Portal de noticias de Sants SantsTV - Televisión Comunitaria de Sants
Categoría:Sants-Montjuïc Categoría:Barrios de Barcelona Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Barcelona