Carlos Alonso González, máis coñecido como Santillana, nado o 23 de agosto de 1952 en Santillana del Mar (Cantabria), é un ex-futbolista e actual empresario. O seu alcume provén da localidade cántabra na que naceu.

Traxectoria Comezou a xogar profesionalmente no Racing de Santander, porén cando tiña 19 anos fichou polo Real Madrid.

No club madrileño transcorreu o resto da súa carreira futbolística, disputando 800 encontros oficiais, tras os cales se retirou do fútbol en activo xa comezada a tempada 1987/88, con 36 anos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España, disputando 56 encontros e marcando 15 goles. Coa selección competiu en dous mundiais, Arxentina en 1978 e España en 1982, e na Eurocopa de 1984.

Tamén participou no histórico encontro contra a Selección de fútbol de Malta, no que España debía gañar por 11 goles para clasificarse. Finalmente o encontro rematou cun 12-1, con catro goles de Santillana.

Palmarés

Campión de Primeira División (8): 1971-72, 1974-75, 1975-76, 1977-78, 1978-79, 1979-80,1985-86 e 1988-89. Campión da Copa do Rei (4): 1973-74, 1974-75, 1979-80, 1981-82 Campión da Copa da UEFA (2): 1985, 1986.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina do Real Madrid

Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en Santillana del Mar Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Nados en 1952 Categoría:Xogadores do Racing de Santander