Agustín Fernández Gallego, nado en 1959 en Caracas, é un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde de Ourense de 2012 a 2015.
Traxectoria Profesionalmente é funcionario do corpo de inspectores de Facenda, e preparador de oposicións"El «sheriff» al que le gusta bailar y el senderismo", La Voz de Galicia, 4/10/2012.. Nas eleccións de 2007 foi elixido concelleiro en Ourense, ao figurar como independente nas listas do PSdeG. A partir dese momento, sendo alcalde Francisco Rodríguez, ocupa a carteira de Economía e Facenda. En 2009 afíliase ao PSdeG, e entra a formar parte da súa executiva, na área de Economía.
Nos comicios locais de 2011 volveu saír elixido. Mantense na carteira de Facenda ata que en outubro do 2012, logo da imputación por prevaricación do alcalde no marco da operación Pokémon, pasou a ocupar o cargo de alcalde grazas aos votos dos socialistas e do BNG. Continuou como alcalde ata as eleccións de maio de 2015, ás cales non concorreu á reelección, apartándose da primeira liña política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourense
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes