miniatura|Xadrez humano. A Festa da Istoria celébrase a última fin de semana do mes de agosto en Ribadavia.Festa da Istoria en Turgalicia. En 1997 declarouse festa de interese turístico nacional. Calcúlase que unhas 75.000 persoas acoden anualmente a esta festa.
Orixe Esta festa aparece citada xa en documentos datados no século XVIII, pero deixou de celebrarse coa Revolución de 1868. En 1989, a escola-taller San Andrés xunto con José Ramón Estévez, estudoso da historia de Ribadavia, comezaron coa súa recuperación, traballo que continuou logo unha coordinadora veciñal cando a escola desapareceu.
Organización da festa Os membros da organización reúnense unha vez cada 15 días durante todo o ano agás os últimos 3 meses, onde se reúnen 1 vez cada semana. Estes tres meses anteriores á festa confecciónanse os estandartes, escudos, complementos etc. así como a roupa de época que van levar. Neste labor participa gran parte do pobo.
Desenvolvemento da festa Un pregoeiro anuncia o comezo da festa a primeira hora do día lendo un pregón (cada ano léeo un veciño ilustre). Despois disto comeza un desfile onde miles de persoas, tanto xente do pobo coma visitantes, percorren a rúa principal de Ribadavia vestidos de época, montados a cabalo etc.
A festa inclúe un banco onde cambian moeda de curso legal por marabedís, a moeda oficial da festa, coas que se pode mercar comida, obxectos etc. nos postos que hai polas rúas da vilaPita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. [ISBN 84-605-9958-2].
Un dos actos da festa é a realización dun xadrez vivente. Enriba dun gran taboleiro de xadrez varios nenos representan as figuras da partida e replican os movementos dos xogadores. Ao longo do día realízanse espectáculos de cetraría, bailes medievais, representacións teatrais, torneo etc. Ao final do día celébrase o último acto da festa, a cea medieval, onde só pode asistir xente vestida de época.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Centro de Información Xudía de Galicia Ligazóns externas
Fundación Festa da Istoria Máis de 100 fotos da Festa da Istoria - 31 de agosto do 2024
Categoría:Festas de Galicia Categoría:Ribadavia Categoría:Festas de interese turístico nacional de España Categoría:Xudaísmo en Galicia