Spirou e Fantasio é unha das bandas deseñadas franco-belga de máis sona. Saíu á venda por primeira vez en 1938, compartindo moitas das características que posuían os libros de Tintin ou Astérix e Obélix.

Spirou e Fantasio son os protagonistas principais, dous aventureiros xornalistas que percorren o planeta na busca de aventuras, e acompañados sempre pola mascota de Spirou, o esquío Spip. O seu homónimo para a televisión, foi unha serie emitida pola TVG no programa Xabarín Club.

Categoría:Debuxos animados Categoría:Obras de banda deseñada Categoría:Xabarín Club