miniatura|dereita|300px|Grupo dinamizador de Espazo Ecosocialista Galego en outubro de 2015. Espazo Ecosocialista Galego foi un partido político galego que cualificaba como neogaleguista, ecosocialista, plural e aberto.

Naceu como colectivo cidadán no contexto do Movemento 15-M, que entenderon como evidencia da desafección de parte da sociedade cara á esquerda e ao nacionalismo en particular. Deciden así comezar un traballo que acade poñer en valor os puntos comúns das diferentes forzas sociais e políticas aliñadas baixo un ideario esquerdista e anovador, redefina o concepto clásico de partido e coordine as accións socias existentes en Galicia. O proceso culmina coa constitución dunha nova forza política galeguista e de corte ecosocialista. De cara ás eleccións autonómicas do 2012 decidiron inserirse na coalición electora Alternativa Galega de Esquerda.

Ideoloxía

Espazo Ecosocialista Galego é unha organización de esquerda verde e nacional que proclama a unidade e colaboración entre os diferentes suxeitos políticos e sociais para realizar un proceso de superación do capitalismoManifesto: “Novas ideas para o século XXI. Un partido 2.0 para a cooperación política”. Asemblea Constituínte. Compostela.Consultado o 17 de decembro de 2019.

Fai unha aposta pola construción dun ideario altermundista que proveña da acción en rede dos novos suxeitos de transformación social galegos: movementos sociais, cidadáns e políticos que participan de xeito activo en foros de reflexión e alianzas de acción.

Basean a construción do que chaman "o galeguismo do século XXI" na sostibilidade ecolóxica, a xustiza social global, a cultura da paz e a radicalidade democrática. Esta radicalidade democrática pasa pola concepción republicana de cidadanía activa, participativa e crítica, entendéndoa como o maior grao de desenvolvemento da democracia.

Tamén forma parte do seu ideario o feminismo e o pacifismo.

Historia

Orixes e constitución como partido A orixe de Espazo Ecosocialista Galego pódese remontar á Iniciativa Ben Comúnhttp://bencomun.org/, plataforma que se inicia a partir da desafección cidadá pola política vixente evidenciada polo 15-M e a grande abstención, voto nulo e en branco nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 (34.5%)Resultados de las elecciones municipales del 22 de mayo de 2011 en Galicia El País .. De feito, un dos promotores da Iniciativa Ben Común foi o anterior coordinador de Espazo Ecosocialista Galego, Xoán Hermida González.

O 25 de febreiro de 2012 confórmase coma un novo proxecto político baixo o nome de Espazo EcogaleguistaUn hijo de Beiras promueve el grupo Ecogaleguistas, abierto a confluir con los irmandiños, una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas'' La Voz de Galicia , iniciativa que derivará no nacemento do novo partido Espazo Ecosocialista Galego o 26 maio de 2012Constitúese o Espazo EcoSocialista El Correo Gallego 27/5/2012, logo dun proceso de confluencia de militantes da esquerda galega provenientes de diversos movementos sociais, sindicais e políticos.

Fundación de Compromiso por Galicia En maio de 2012 anunciouse a creación de Compromiso por GaliciaNace 'Compromiso por Galicia', una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas EuropaPress ., onde conflúen as correntes e partidos escindidos do BNG a partir de xaneiro dese mesmo ano. Espazo Ecosocialista Galego foi unha das correntes fundadoras desta nova coalición, xunto con Máis Galiza e Acción Galega.

De Compromiso por Galicia a Alternativa Galega de Esquerda O 25 de xullo de 2012, Xosé Manuel Beiras Torrado, en nome de Anova - Irmandade Nacionalista, convida a todas as formacións de esquerda a crearen unha fronte comúnANOVA Día da Patria 2012.

Aínda que se convida a Compromiso por Galicia a formar parte da fronteBeiras insta a CxG a sellar un pacto que será una ´bomba´ contra Feijóo La Opinión de Coruña ., esta formación decide non se incorporar á coalición, malia que as súas bases votaran positivamenteCompromiso se suma a la Syriza gallega con Anova y Esquerda Unida El Correo Gallego..

A fronte ampla concrétase baixo o nome de Alternativa Galega de Esquerda sen a participación de Compromiso por GaliciaEl PP ya teme a la Syriza gallega Cuarto poder.. Isto provoca que Espazo Ecosocialista Galego escíndase de Compromiso por Galicia para iniciar as conversas con Alternativa Galega de EsquerdaEspazo Ecosocialista deja CxG "por unanimidad" y abre el "diálogo político" con Alternativa Galega de Esquerdas EuropaPress.. Finalmente, pasan a formar parte da coalición Espazo Ecosocialista incorpórase a Alternativa Galega de Esquerda El Correo Gallego., coa que participarán nas eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012.

Disolución Logo da súa V Asemblea Nacional no ano 2017, o partido disolveuse animando aos membros a se integrar no partido En Marea.

Notas

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Ecoloxistas de Galicia Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia