A AC-550 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Cee e Ribeira; atravesa os concellos de Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, O Porto do Son e Ribeira. Ten unha lonxitude de 106,18 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Cee e finaliza nun cruzamento coa AG-11 en Ribeira. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.
Percorrido
A estrada inicia o seu percorrido en Cee, proseguindo por Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, O Porto do Son e finalmente Ribeira.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Cee Categoría:Dumbría Categoría:Carnota Categoría:Muros Categoría:Outes Categoría:Noia Categoría:O Porto do Son Categoría:Ribeira