Ignacio González González, nado en Madrid o 19 de outubro de 1960, é un político español militante do Partido Popular e expresidente da Comunidade de Madrid (tras a dimisión de Esperanza Aguirre anunciada o 17 de setembro de 2012), ademais é secretario xeral do PP de Madrid. Dende sempre estivo moi vinculado a Esperanza Aguirre e, con ela, ao sector máis dereitista do PP.

Traxectoria Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, Educación e Deportes (1996-1999), durante o mandato de Esperanza Aguirre e secretario de Estado para a Administración Pública no Ministerio de Administracións Públicas (1999-2002), con Jesús Posada á fronte, onde xestou o chamado portelo única.

Durante o derradeiro mandato de José María Aznar, entre 2002-2004, Ignacio González desempeñou o labor de secretario de Estado de Inmigración no Ministerio de Interior, organismo que dirixía por aquel entón Ángel Acebes. Durante este tempo, Ignacio González foi o artífice da reforma da lei de Estranxeiría de España que foi pactada co PSOE no ano 2003.

Presidente da Comunidade de Madrid O 17 de setembro de 2012, Esperanza Aguirre anunciou inesperadamente a súa dimisión como presidenta da Comunidade e deputada na Asemblea de Madrid, sendo substituída polo seu vicepresidente e portavoz Ignacio González dende 2003 (dende 2009 tamén ocupou a Consellería de Deportes e Cultura).

Tomou posesión do cargo o 26 de setembro dese mesmo ano (nos días previos exerceu a presidencia en funcións) converténdose no cuarto Presidente da Comunidade de Madrid. Foi criticado por chegar ao cargo sen pasar polas urnas como os seus antecesores.

Cesou no cargo tralo nomeamento de Cristina Cifuentes (PP)), o 25 de xuño de 2015, logo das eleccións autonómicas e municipais celebradas ese ano. O 19 de abril de 2017 foi detido pola Garda Civil tras detectarse un feixe de irregularidades nas filiais latinoamericanas do Canal de Isabel II, e foi acusado de compra de empresas fraudulentas, malversación, blanqueo de capitais e financiamento irregular. Pouco tempo despois o PP suspendeuno cautelarmente de militancia. O 21 de abril de 2017 ingresou en prisión incondicional pola súa implicación no caso Lezo.

Vida persoal No ámbito persoal, está casado e ten tres fillas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Presidentes da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Políticos do PP Categoría:Deputados da VIII Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados da IX Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Conselleiros da Comunidade de Madrid