Gumersindo Otero García, nado en Breixa (Silleda) o 9 de decembro de 1845 e finado en Riobó (A Estrada) o 12 de novembro de 1914,Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 15-11-1914, p. 1. foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Pío Otero, casou en Riobó o 9 de abril de 1871 coa súa curmá Dolores García Espinosa e foi herdeiro de Ramón María Otero. Vinculado ao Partido Liberal, foi alcalde da Estrada do 1 de marzo de 1877 ao 1 de xullo de 1881 e de novo do 6 de setembro de 1886 ao 25 de maio de 1887, cando renunciou polo mal estado de saúde. Foi deputado provincial en 1888, 1892, 1896, 1901 e 1909, e o 4 de novembro de 1898 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. En 1907 foi nomeado gobernador civil de Ourense.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1914