Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen. O filme céntrase na historia do Capitán de Operacións especiais Benjamin L. Willard (Sheen), que ten a misión de asasinar un americano renegado e tolo, o Coronel Walter E. Kurtz (Brando). Estreouse dobrada en galego na TVG no 1991.
Sinopse O Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que lle encomendan a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo no medio da Guerra de Vietnam. No corazón da selva, nun campamento inzado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un deus despótico sobre os membros da tribo Montagnard.
Personaxes Martin Sheen como Capitán Benjamin L. Willard Marlon Brando como Coronel Walter E. Kurtz Robert Duvall como Tenente Coronel William "Bill" Kilgore Frederic Forrest como Jay "Chef" Hicks Albert Hall como George Phillips Sam Bottoms como Lance B. Johnson Laurence Fishburne (nos créditos como "Larry Fishburne") como Tyrone "Mr. Clean" Miller Dennis Hopper como Foto xornalista americano G.D. Spradlin como Tenente Xenerañ Corman Jerry Ziesmer como o home misterioso Harrison Ford como Coronel Lucas Scott Glenn como Capitán Richard M. Colby Bill Graham como Axente das bailarinas Cynthia Wood como Bailarina do ano Linda (Beatty) Carpenter como Bailarina "Miss Agosto" Colleen Camp como Bailarina "Miss Maio" R. Lee Ermey como Piloto de helicóptero Christian Marquand como Hubert de Marais Aurore Clément como Roxanne Sarraut-de Marais Roman Coppola como Francis de Marais Francis Ford Coppola como o director rodando o combate na praia; el berra "Don't look at the camera, keep on fighting!" (Non mires á cámara, segue loitando).
Galardóns e nomeamentos 1979: 2 Oscars: Mellor fotografía e son. 8 nomeamentos. 1979: Festival de Cannes: Palma de Ouro. 1979: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro. 1979: 3 Globos de Ouro: Director, Actor Secundario (Robert Duvall) e Banda Sonora. Nomeado a mellor filme.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista das mellores películas estadounidenses segundo o American Film Institute Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de American Zoetrope Categoría:Filmes rodados en Filipinas Categoría:Filmes ambientados en Vietnam Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1979 con versión en galego