Manuel García García-Pérez (coñecido artisticamente como Manolo García), nado en Barcelona o 19 de agosto de 1955, é un cantante, músico, compositor, empresario, pintor e fotógrafo. Os seus primeiros discos foron con grupos como Los Rápidos e Los Burros, e o éxito comercial chegoulle xunto a Quimi Portet con El último de la fila. Actualmente continúa a súa carreira en solitario. Caracterízase por un son pop rock mesturado con ritmos árabes, aflamencados e melódicos. As letras das súas cancións e a posta en escena xuntan vivencias, lírica e surrealismo.

Manolo García leva toda a súa carreira mantendo a súa vida persoal afastada da fama. Non se sabe o seu estado civil e case non hai datos da súa infancia, familia e actividades fóra do mundo da música máis que o achegado por el en entrevistas e actos públicos. Nos últimos anos achegou nas súas actuacións a súa irmá Carmen García (compoñente do grupo Carmen).

Inicios artísticos Infancia e inicios Os seus pais eran de Albacete e emigraron a Barcelona, a El Poblenou onde viviu moitos anos. Dende neno tivo interese por pintar. Con sete anos, fixo as súas primeiras "performances" artísticas na terraza da casa dos seus pais. As súas primeiras creacións foron con elementos procedentes de refugallos industriais e pinturas con bonecos de marcas como Omo, Tutu, Persil e Ese, entre outras, que distribuían entre os nenos.

Con once anos pasou a experimentar con materiais como a madeira e a cola. Con anacos de chapas de madeira das industrias do barrio fai as súas primeiras creacións abstractas. Aos catorce anos continuaba entregado á elaboración de obras abstractas e experimentando con novas colas e materiais que conseguía nunha carpintaría do barrio.

No xornal La Vanguardia, de Barcelona, leu un anuncio no que buscaban un pintor de cadros ao óleo. García entrou a traballar no obradoiro da Verneda, no que pintaban cadros con escenas de caza para decorar salóns. Chegou a ser un especialista en pintar ceos e lagoas; outros compañeiros seus do obradoiro pintaban árbores e vexetación, e un terceiro pintaba rochas e casas, outro estaba especializado en pintar cazadores, cans e cervos. O último paso do proceso rematábao o mestre do obradoiro cos toques finais e engadindo a sinatura. O traballo déuselle ben e decidiu continuar coa súa faceta de autodidacta mercando un curso de Dibujar es fácil (el mesmo ten declarado nalgunha entrevista que aprendera a pintar cun curso por correspondencia).

Con dezasete anos entrou de mozo nunha axencia de publicidade. Pronto pasou ao estudio gráfico onde comezou a aprendizaxe como deseñador gráfico. Neses anos estudou na Escola d'Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona.

Aos vinte e un anos, e xa introducido no mundo da música, traballou como deseñador de portadas para pequenas discográficas nas que se realizaban copias (covers) e versións dos discos de éxito. En seis anos chegou a facer máis de 400 portadas.

Despois desta experiencia, decidiu establecerse pola súa conta como deseñador de xoguetes e material escolar, traballo que deixou para se dedicar á música como profesión.

A música como profesión O seu primeiro concerto foi con trece anos, tocando tres cancións na sala do barrio de Verdun. Tocaron "All right now", de Free, "Who will stop the rain", de Creedence, e un tema propio. Os inicios artísticos de Manolo García como músico profesional están nas orquestras de baile das festas que percorren as vilas; estas foron a escola na que deu os seus primeiros pasos como músico. A primeira destas orquestras nas que estivo chamábase Materia Gris. Durante ano e medio traballou para montar un grupo, ata que coñeceu a Esteban Martín (do que sería Gabinete Caligari). Con el empezou a compoñer cancións. De aí xurdiron Los Rápidos, un quinteto con José Luis Pérez, Lluis Visiers e Antonio Fidel. Gravaron unha maqueta que enviaron á discográfica. O nome vén de que en só dous meses tiñan un contrato con EMI-Odeón. En novembro de 1980 xa estaban a gravar un disco.

A pesar de ter o apoio da discográfica e de dar case 300 concertos, o grupo non tivo éxito comercial.

Quimi Portet En Els Hostalets de Balenyà, en 1982, coincidiron Manolo García (con Los Rápidos) e Quimi Portet (con Kul de Mandril). Os compoñentes de Los Rápidos separáronse e continuaron durante un tempo Manolo e Quimi tocando as súas cancións en locais. Co tempo pasaron a trocar o nome do grupo por Los Burros. Nesa etapa crearon unha discográfica, chamada Discos Kriminales, coa que autoeditaron material seu e doutros grupos.

El Último de la Fila

Despois dos fracasos comerciais dos discos anteriores, Manolo García e Quimi Portet decidiron crear un grupo novo, El Último de la Fila, apoiados por unha pequena discográfica chamada PDI. Nunha entrevista, Manolo García explicaba a orixe do nome; segundo el, tódolos grupos eran star, number one, os primeiros... e eles elixiron algo diferente: ser os últimos.

O primeiro éxito do grupo chegou cando El Último de la Fila gañou o concurso de maquetas da revista Rock Spezial con "A cualquiera puede sucederle" e "Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana". O premio era gravar un disco coa multinacional Virgin. Rexeitaron o premio e preferiron gravar coa pequena discográfica PDI.

En 1985 saíron ao mercado con tres singles e o LP titulado Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana, faceta surrealista que sería explotada con moito éxito en futuros traballos. Trinta mil copias vendidas deron a coñecer cancións como a mítica "Querida Milagros" ou "Dulces sueños". O estilo aflamencado da voz de Manolo e a guitarra española de Quimi daban un ton fresco e novidoso ás cancións, que conectaban sen dificultade coas evidentes raíces pop dos dous músicos. Co disco conseguiron o premio ao grupo revelación de 1985 outorgado polo programa Diario Pop de Radio 3. Esta sería unha constante do éxito do grupo e de Manolo García: a calidade musical recoñecida por premios, pola crítica e polo público. Unha acertada elección foi o discográfica, o paso á mutinacional EMI e a creación dun selo propio, Perro Records, co que seguen a editar Manolo García e Quimi Portet as súas cancións. Outra clave do éxito foi o apoio a causas humanitarias, benéficas e de protección da natureza. A participación en concertos multitudinarios achegou as súas cancións ao grande público. O seu bo directo fixo o resto. En 1993, Astronomía Razonable chegou a vender un millón de copias. O grupo xa tiña probado a cantar en italiano e inglés, e ata a dar pequenos concertos por toda Europa. Foi entón cando decidiron a disolución do grupo, que fixeron pública o 13 de xaneiro de 1998.

Houbo varios intentos posteriores para volver xuntar o grupo. O último foi organizado por Radio 3 para dar un concerto en Santiago de Compostela, na praza do Obradoiro, pero non chegou a concretarse.

Carreira en solitario miniatura|Manolo García na Coruña en 2016. O 4 de maio de 1998 Manolo García sacou ao mercado Arena en los Bolsillos, que chegou a vender máis dun millón de discos. Con este álbum conseguiu os premios Amigo a mellor solista masculino español e ao mellor álbum español, e tres premios da música como mellor artista pop, mellor álbum e mellor produción artística, ademais do premio ondas ao mellor artista en directo.

A finais de novembro de 2002, un dos participantes do programa de televisión Operación Triunfo versionou a canción "Pájaros de Barro" (unha das máis coñecidas de Manolo García). O programa pagou os dereitos de autor pero non pediu permiso. Baixo o nome de Operación Triunfo y el derecho a la disidencia'Operación Triunfo y el derecho a la disidencia' El Páis, Manolo García fixo unha crítica ao sistema de promoción comercial do programa e do sector musical, rexeitando o formato que se estaba a empregar pero puntualizando que respectaba o esforzo dos que nel participaban. A súa canción foi retirada e non foi incluía nos recompilatorios que publicou Operación Triunfo.

Discografía Discografía en solitario de Manolo García Arena en los bolsillos (BMG, 1998)1 Prefiero el trapecio2 Carbón y ramas secas3 Del bosque de tu alegría4 Pájaros de barro5 Sobre el oscuro abismo en que te meces6 A quien tanto he querido7 Como quien da un refresco8 Zapatero9 A San Fernando, un ratito a pie y otro caminando10 La llanura11 Viernes12 La sombra de una palmera13 Carbón y ramas secas» (Versión 2) 14 Pájaros de barro» (Instrumental) Nunca el tiempo es perdido (BMG, 2001)1 Sin que sepas de mí2 Suave, suave3 Rosa de Alejandría4 Somos levedad5 Con los hombres azules6 Vendrán días7 Mientras observo al afilador8 Nunca el tiempo es perdido9 Por respirar10 Alegre como una mosca ante un pastel de bodas11 Prendí la flor12 En los desiertos por habitar13 Alegre como una mosca ante un pastel de bodas (Fragmento)14 Un plan Para que no se duerman mis sentidos (BMG, 2004)1 Una tarde de sol2 Para que no se duerman mis sentidos3 Sobre tus pasos4 Malva5 Niña Candela6 Sólo un poco7 En una playa calma8 Fragua de los Cuatro Vientos9 Serena barca10 Vive en mí un recuerdo11 Ardió mi memoria12 En un estanque de libélulas13 Si te vienes conmigo14 Éramos15 De libélulas16 La Atunara (Instrumental) Saldremos a la lluvia (BMG, 2008)1 Saldremos a la lluvia2 No estés triste3 Morder el polvo4 Provincia de Río Negro5 Me he sentado a esperar6 Sabrás que andar es un sencillo vaivén7 Tu pequeña tienda8 Los cítricos amantes9 Contigo me quedaría10 En el batir de los mares11 A lo lejos del río12 Cierro la noche13 Sueño 2814 Sabrás que andar es un sencillo vaivén (1ª versión) Los días intactos (Sony music, 2011)1 Todos amamos desesperadamente2 Un año y otro año3 Un alma de papel4 Lo quiero todo5 Un giro teatral6 Sombra de la sombrero de tu sombrero7 Estoy alegre8 Compasión y silencio9 Junto a ti10 Creyente bajo torres de alta tensión11 Los errantes12 Lo que me diste cuando nada pedí13 Estamos ahí14 Cabalgar a la eternidad15 Un giro teatral acústico bonus track16 Un alma de papel acústico bonus track Todo es ahora (Sony music, 2014 dobre CD)CD 11 Caminaré2 Campanas de Libertad 3 Es Mejor Sentir 4 Pan de Oro 5 Arrastre la Noche 6 Subo Escalas, Bajo Escalas 7 Esta Noche He Soñado Con David Bowie 8 El Club de los Amantes Desairados 9 Canción del Solitario Que Se Reconcilio Con el Mundo 10 Volveremos a Encontrarnos 11 Irma, Dulce Irma12 Todo Es Ahora 13 Es Tiempo de Retornar 14 Exprimir la VidaCD 21 Caminaré (Maqueta)2 Campanas de Libertad (Maqueta)3 Es Mejor Sentir (Maqueta)4 Pan de Oro (Maqueta)5 Subo Escalas, Bajo Escalas (Maqueta)6 Esta Noche He Soñado Con David Bowie (Maqueta)7 El Club de los Amantes Desairados (Maqueta)8 Canción del Solitario Que Se Reconcilio Con el Mundo (Maqueta)9 Irma, Dulce Irma (Maqueta)10 Todo Es Ahora (Maqueta)11 Es Tiempo de Retornar (Maqueta) Todo es ahora (Directo) Geometría del Rayo (2018) 1 En tu voz2 La llamada interior3 Las puntas de mis viejas botas4 Nunca es tarde5 Humo de abrojos6 Océano azul7 Ardieron los fuegos8 El frío de la noche9 Ruedo, rodaré10 Quiero esa pasión11 Si todo arde12 Dime dónde está13 Me gustas14 Urge15 La gran regla de la sabiduría16 Océano azul (edit radio)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web Oficial Páxina web de Perro Records Ficha de Manolo García en Internet Movie Database Biografía

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Cantantes de España Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua catalá