As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á décima lexislatura do actual período democrático celebráronse o 25 de novembro de 2012, cando só transcorreron dous anos dende a última convocatoria electoral. As seguintes eleccións foron o 27 de setembro de 2015.

Convocatoria e características As eleccións anteriores, celebradas en novembro de 2010, deixaran como resultado unha cómoda maioría para o candidato converxente Artur Mas, aínda que non absoluta. Mas gobernou sen sobresaltos nos seus apoios durante dous anos ata que en setembro de 2012, no marco da crise económica de comezos do século XXI, se produciron dous feitos políticos de relevancia. En primeiro lugar, a convocatoria dunha manifestación extraordinariamente masiva en Barcelona a prol da independencia (11 de setembro); e en segundo lugar, a negativa do goberno de Mariano Rajoy a chegar a acordos de transferencia de poder e de mudanzas no sistema financeiro de CataluñaMas convoca eleccions per al 25 de novembre: "Ara toquen accions concretes, ara toca decidir, Ara, 25/9/2012..

Días despois da xuntanza entre Mariano Rajoy e Artur Mas, o 25 de setembro, o presidente da Generalitat anunciou a convocatoria dos undécimos comicios en Cataluña dende a recuperación da democracia.

Participación

Candidaturas Concorreron un total de 64 candidaturas -16 por circunscrición- de 18 partidos, 15 dos cales se presentaron nas catro circunscricións electorais. Candidaturas con representación parlamentaria

En letras grosas, o candidato ou a candidata á presidencia da Generalitat.

Candidatos por circunscrición Candidatura Barcelona Tarragona Xirona Lleida Observacións Convergència i Unió (CiU) Artur Mas Albert Batet Santi Vila Albert Batalla Federación nacionalista catalá de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e a social-cristiáUDC, el partit , web de Unió Democràtica de Catalunya. Unió Democràtica de Catalunya (UDC). Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) Pere Navarro Xavier Sabaté Juli Fernández Àngel Ros Partido socialdemócrata federado co PSOE. Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Independentista e republicana. Partit Popular de Catalunya (PPC) Alicia Sánchez-Camacho Rafael Luna Josep Enric Millo i Rocher Dolors López Partido rexional do Partido Popular. Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa (ICV-EUiA) Joan Herrera Hortensia Grau Marc Vidal Josep Cosconera Coalición entre a ecosocialista e federalista Iniciativa per Catalunya Verds, a federalista e republicana de esquerdas Esquerra Unida i Alternativa e Entesa pel Progrés Municipal. Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) Albert Rivera

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

2012 Categoría:Eleccións celebradas en 2012