Slanted and Enchanted é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie rock Pavement, editado o 20 de abril de 1992 a través do selo Matador Records. O disco foi distribuído aos críticos no ano 1991, meses antes do seu lanzamento oficial. As sesións de gravación dividíronse entre os South Makepeace Studios en Brooklyn, Nova York e os Louder Than You Think Studios en Stockton, California.

No ano 2003 o disco foi situado no número 134 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos, quedando na revisión de 2012 no posto 135. En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media escolleuno como o quinto mellor álbum dos anos 90.

Unha versión expandida do álbum formada por dous discos, Slanted and Enchanted: Luxe & Reduxe, publicouse no ano 2002. Xunto cos 14 temas orixinais, inclúe 10 cancións máis das sesións de gravación no disco 1, e o disco 2 está formado polos catro temas do EP Watery, Domestic, sete temas de sesións de gravación e 13 temas ao vivo (dun concerto na Brixton Academy de Londres o 14 de decembro de 1992).

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Pavement Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Matador Records