Juan Francisco Fontán Rodríguez, nado en Pontevedra o 5 de setembro de 1823 e finado en Madrid o 4 de maio de 1914Necrolóxica en ABC, 5-5-1914, p. 21, foi un político galego.

Traxectoria Foi elixido deputado polo distrito de Huete (Cuenca) en 1864 e en 1865 foi elixido polo distrito de Vigo. Na Restauración foi elixido deputado por Cambados nas eleccións de 1876 e reelixido en 1879, 1884 e 1891.

Recoñecementos Foi cabaleiro Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica e comendador da Real e distinguida Orde de Carlos III.

Unha rúa en Vilagarcía de Arousa leva o seu nome.

Notas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1914