Killing Joke é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk Killing Joke, editada en agosto do ano 1980 a través do selo E'G Records. O disco foi gravado a principios de 1980, baixo a produción da mesma banda, pouco despois dunha pequena xira para promover o EP Almost Red. As letras das cancións foron escritas por polo líder e vocalista Jaz Coleman, que expresou as súas opinións en temas como a política, amorte, a hipocrisía, a natureza humana, a polución ou o exhilio.
A canción "Requiem" foi versionada por Foo Fighters en 1997 como cara-b do sinxelo "Everlong", e o tema "The Wait" versionouno Metallica en 1987 no The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited, sendo editado posteriormente como sinxelo. Esa canción tamén apareceu na película School of Rock.
Killing Joke acadou o número 39 na lista británica de álbums en 1980 e del sacáronse: "Wardance", "Change" e "Requiem".
Listaxe de cancións Edición orixinal británica
Edición orixinal estadounidense O edición orixinal nos Estados Unidos conta co tema "Change" entre as cancións "Complications" e "S.O.36". "Change" foi posteriormente publicada como sinxelo non oficial.
Categoría:Álbums de Killing Joke Categoría:Álbums musicais de 1980 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de E.G. Records