O Gran Premio de Bélxica de 1958 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de xuño de 1958 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1958. Foi o 19º Gran Premio de Bélxica e realizouse sobre 24 voltas ao circuíto de 14 quilómetros cunha distancia de carreira de 339 quilómetros.

O Gran Premio de Bélxica volveu ao calendario logo de faltar no calendario do ano anterior, o circuíto de Spa foi modificado lixeiramente. Os boxes foron reconstruídos, a recta de boxes ampliouse e endereitouse e toda a pista foi reasfaltada.

A carreira foi gañada polo piloto británico Tony Brooks cun Vanwall. Foi a primeira vitoria de Brooks nun Gran Premio en solitario despois de que xa gañara o Gran Premio do Reino Unido de 1957 pero compartindo coche con Stirling Moss. Brooks chegou 20 segundos por diante do seu compatriota británico Mike Hawthorn que pilotaba un Ferrari 246 F1. O compañeiro de Brooks no equipo Vanwall Stuart Lewis-Evans terminou en terceiro lugar logrando o mellor posto da súa carreira, o primeiro dos dous podios da súa curta carreira nos Grandes Premios. A carreira tamén foi a primeira participación no Campionato Mundial dunha muller, empezou e rematou a carreira, Maria Teresa de Filippis que se presentou pilotando un Maserati 250F privado. Terminou décima e última, dúas voltas por detrás do Vanwall de Brooks.

Líderes por volta: Tony Brooks 21 voltas (1, 3, 6-24), Peter Collins 3 voltas (2, 4-5).

Informe Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 4 Tony Brooks Vanwall 24 1:37:06.3 5 8 2 16 Mike Hawthorn Ferrari 24 +20.7 segs 1 7 3 6 Stuart Lewis-Evans Vanwall 24 +3:00.9 11 4 4 40 Cliff Allison Lotus-Climax 24 +4:15.5 12 3 5 10 Harry Schell BRM 23 +1 volta 7 2 6 20 Olivier Gendebien Ferrari 23 +1 volta 6 7 28 Maurice Trintignant Maserati 23 +1 volta 16 8 24 Roy Salvadori Cooper-Climax 23 +1 volta 13 9 36 Jo Bonnier Maserati 22 +2 voltas 14 10 26 Maria Teresa de Filippis Maserati 22 +2 voltas 19 Ret 38 Paco Godia Maserati 22 Motor 18 Ret 22 Jack Brabham Cooper-Climax 16 Temperatura 8 Ret 42 Graham Hill Lotus-Climax 12 Motor 15 Ret 18 Luigi Musso Ferrari 5 Accidente 2 Ret 14 Peter Collins Ferrari 5 Temperatura 4 Ret 8 Jean Behra BRM 5 Presión aceite 10 Ret 32 Wolfgang Seidel Maserati 4 Palier 17 Ret 2 Stirling Moss Vanwall 0 Motor 9 Ret 30 Masten Gregory Maserati 0 Motor 3 NTS 34 Ken Kavanagh Maserati

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Stirling Moss 17 10px 4 2 Mike Hawthorn 14 10px 1 3 Luigi Musso 12 10px 1 4 Harry Schell 10 10px 2 5 Maurice Trintignant 8

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 1 Ferrari 20 10px 1 2 Cooper-Climax 19 10px 3 Vanwall 16 10px 4 BRM 10 10px 1 5 Lotus-Climax 3

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1958