dereita|miniatura|Necrolóxica en El Compostelano. Lino Torre Sánchez-Somoza, nado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1866 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 1921, foi un xurista e político galego.

Traxectoria Fillo de Casimiro Torre Castro. Licenciouse en Dereito en 1887 e doutorouse ao ano seguinte. Abriu bufete e despois foi xuíz de primeira instancia. Conseguiu unha cátedra de Dereito na Universidade de Salamanca. En 1899 obtivo o traslado á cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela.

Vencellado ao monterismo, Concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela, exerceu como alcalde interino a finais de 1905. Presentouse ás eleccións de 1905 no distrito de Ponte Caldelas pero foi derrotado por Fernando Roca de Togores Aguirre, marqués de Rocamora.El Correo de Galicia, 11-9-1905, p. 2. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 16 de decembro de 1905, tomando posesión o 1 de xaneiro de 1906.El Correo de Galicia, 4-1-1906, p. 2. O 17 de xaneiro de 1909 presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago, por ser contrario á Lei de Descanso Dominical, enfrontándose ao gobernador civil da Coruña, Felipe Crespo Lara. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1910 e volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1916. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela desde xaneiro de 1920 ata o seu falecemento en 1921 por mor dunha broncopneumonía.

Vida persoal

Casou con Purificación Blanco Rivero de Aguiar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Xenealoxía Torre

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1921