miniatura|A flor dun xeranio abríndose durante un período de dúas horas. En cada imaxe hai 7 minutos de diferenza. Un time-lapse ou Time-Lapse é unha técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas a intervalos regulares e a súa posterior reprodución a unha velocidade superior á que foron tomadas. Esta técnica crea unha ilusión de imaxes aceleradas, permitindo observar procesos longos en períodos de tempo reducidos.
Realización miniatura|Movemento das nubes con time-lapse miniatura|Solpor con time-lapse miniatura|Sementes agromando con time-lapse Hai varios métodos para a realización de vídeos ou filmes coa técnica Time-Lapse, entre os que están: Gravación e aceleración — Gravar unha secuencia cunha vídeo cámara, para posteriormente acelerar o filme en calquera programa de edición de vídeo. Captación de imaxes — Outro xeito é a captación de imaxes a determinados intervalos de tempo. Tirando unha fotografía cada certo tempo, e unindo esas imaxes obtemos unha secuencia co efecto de aceleración característico do time-lapse. Usos
Científico — Utilízase para observar procesos longos desde outra perspectiva, como en botánica, astronomía, meteoroloxía ou xeoloxía, entre outros. Por exemplo, a técnica pode mostrar o crecemento de plantas, o movemento de nubes ou a evolución de fenómenos astronómicos. Artístico — O time-lapse tamén se usa para crear efectos visuais en cine e vídeo, mostrando a dinámica de procesos naturais ou de ambientes urbanos, para expresar conceptos narrativos etc. Documental — É común no xénero documental para mostrar cambios en paisaxes, procesos naturais ou eventos históricos ao longo do tempo, proporcionando unha perspectiva visual que permite ao espectador apreciar a evolución de eventos que ocorren demasiado lentamente para seren captados en tempo real.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Animación Cámara lenta Gestalt Ilusión óptica Persistencia retiniana Tempo Stop motion Visión
Categoría:Cinema Categoría:Fotografía