Valentín García Escudero, nado en Ribadavia en 1833 e finado en Pontevedra o 4 de abril de 1912Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 5/4/1912, p. 2., foi un notario e político galego.

Traxectoria En 1859 estableceuse en Pontevedra como Notario e secretario do Xulgado de 1ª Instancia. Republicano, amigo de Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, do que foi socio na adquisición da illa de Tambo"La plaza que Valentín García donó a Pontevedra" Faro de Vigo, 1/4/2012 .. Foi alcalde de Pontevedra. Foi elixido deputado polo distrito de Ponte Caldelas nas eleccións de 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1873. miniatura|200px|Matilde Temes Trujeda, esposa de Valentín García Escudero e nai de Valentín García Temes.

Casou con Matilde Temes Trujeda. O seu fillo Valentín García Temes foi o dono do Café Moderno de Pontevedra. Era tío de Vicente García Temes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1912