Acción Social foi un periódico editado en Forcarei entre 1923 e 1924.

Historia e características Subtitulado Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos, apareceu en Forcarei en 1923. Fundado e dirixido por José María Cabadas Vilar. De tendencia agrarista, foi o voceiro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Contou co apoio dos emigrantes da Terra de Montes nos Estados Unidos de América e na Arxentina. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Martínez Díaz, con artigos en galego, e a moza de Presqueiras Dolores Cendán. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1924 coa ditadura de Primo de Rivera. Consérvanse 11 exemplares no Museo do Pobo Galego.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Forcarei visto a través do periódico “Acción Social” Historia. Na web do concello de Forcarei

Categoría:Prensa escrita de Forcarei Categoría:Prensa agraria Categoría:1923 en Galicia