Os xenoturbélidos (Xenoturbellida) son un filo de animais bilaterais vermiformes, mariños, de posición taxonómica incerta, que comprende unha soa familia, do mesmo nome vulgar galego (cientificamente, Xenoturbellidae), cun único xénero, Xenoturbella, con tan só dúas especies.
Foron descubertos en 1949,Westblad, E. (1949): Xenoturbella bocki n. g., n. sp., a peculiar, primitive turbellarian type. Arkiv für Zoologi, 1: 3-29. ano en que foron clasificados como turbelarios primitivos e peculiares.
Estudos do seu ADN realizados en 2003 reclasificáronos como primitivos deuteróstomos fóra dos filos previamente coñecidos (Bourlat et al., 2003).Bourlat, S. J. , Nielsen, C., Lockyer, A. E., Timothy, D., Littlewood, J. & Telford, M. J. (2003): "Xenoturbella is a deuterostome that eats molluscs". Nature, '424: 925-928
Previamente xa foran relacionados cos moluscos (Noren & Jondelius, 1997),Noren, M. & Jondelius, U. (1997) "Xenoturbella's molluscan relatives..." Nature, 390: 31-32. pero obxetouse que o ADN fora contaminado co dos moluscos dos que se alimentaban. (Bourlat et al., 2003).
Estes primeiros resultados foron recentemente corroborados. O xénero considérase agora o único membro do seu propio filo, Xenoturbellida (Haszprunar et al., 1991;Haszprunar, G., Rieger, R. M. & Schuchert, P. (1991): "Extant 'Problemática' within or near the Metazoa." In: Simonetta, A.M. & Conway Morris, S. (eds.): The Early Evolution of Metazoa and the Significance of Problematic Taxa. Cambrigge: Oxford Univ. Press, pp. 99-105. Bourlat et al. (2006):Bourlat, S. J., Juliusdottir, T., Lowe, C. J., Freeman, R., Aronowicz, J., Kirschner, M., Lander, E. S., Thorndyke, M., Nakano, H., Kohn, A. B., Heyland, A., Moroz, L. L., Copley, R. R. & Telford, M. J. (2006): "Deuterostome phylogeny reveals monophyletic chordates and the new phylum Xenoturbellida". Nature, 444: 85-88.).
Características Xenoturbella ten un plan corporal moi simple. Carece de cerebro, de tubo dixestivo, de gónadas (pero si produce gametos; os ovos e os embrións prodúcense nos folículos),Israelsson, O. & Budd, G. E. (2005): "Eggs and embryos in Xenoturbella (phylum uncertain) are not ingested prey", Development Genes and Evolution, 215: 358-63. e de calquera outro órgano definido, a excepción dun estatocisto provisto de células flaxeladas. Ten cilios e un sistema nervioso difuso. A súa lonxitud alcanza os 4 cm. Encontráronse frote ás costas de Suecia, Escocia e Islandia.
Especies O xénero Xenoturbella inclúe dúas especies:Israelsson, O. (1999): "New light on the enigmatic Xenoturbella (phylum uncertain): ontogeny and phylogeny", Proc. Roy. Soc. B, 266: 835-841. Xenoturbella bocki Xenoturbella westbladi
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Invertebrados