O Vaasan Sport ou simplemente Sport é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vaasa (Finlandia). Compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, dende a tempada 2014-15. Foi fundado en 1939 e xoga os seus partidos como local no Vaasa Arena, un pavillón con capacidade para 4.448 espectadores.
Historia O Vaasan Sport foi fundado en 1939, e en 1975 participou na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, mais descendeu esa mesma tempada, non volvendo ascender á categoría.
Logo do descenso, o Sport competiu na primeira división finesa (actual Mestis), ata que descendeu na tempada 1991-92 á segunda división. Non foi ata 1997 cando o equipo retornou á primeira división, cun gol de ouro anotado por Kari Teräväinen que decidiu o partido fronte ao Kiekko-67.
A tempada 2008-09 foi un grande éxito, conseguindo o campionato da Mestis por primeira vez na súa historia. Porén, o equipo perdeu o último partido (nunha serie disputada ao mellor de sete encontros) fronte ao Porin Ässät na liguiña de cualificación e permaneceu na Mestis. As series de promoción pecháronse e o Sport quedou a 1 gol de ascender á SM-liiga.
O Vaasan Sport loita dende o 2000 contra os problemas económicos que case o levan á ruína. Mais a directiva do club realizou melloras para asegurar o futuro do club reducindo o presuposto e contratando un novo adestrador, o ex-campión do mundo Antti Törmänen, que construíu un equipo novo dende cero.
O 28 de febreiro de 2014 anunciouse o regreso do Sport á máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga, logo de que o Jokerit de Helsinqui abandonara o campionato finlandés para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.
Palmarés 3 Mestis: 2009, 2011, 2012
Xogadores Xogadores destacados 20px Chris Allen 20px Matthieu Descoteaux 20px Dale Dunbar 20px Glen Gulutzan 20px Tero Leinonen 20px Ian MacNeil 20px Oskar Osala 20px David Saunders 20px Janis Sprukts 20px Juho-Tuomas Appel 20px Vjačeslavs Fanduļs 20px Oļegs Sorokins 20px Toni Sihvonen
Números retirados 29 Håkan Hjerpe 27 Tomi Väkelä 14 Sami Laaksoharju (non foi retirado oficialmente, mais non circula dende a morte de Laaksoharju)
Adestradores destacados 20px Juhani Tamminen 20px Jukka Jalonen 20px Kari Heikkilä
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Equipo do Vaasan Sport na súa primeira e única tempada na SM-liiga
Categoría:Vaasan Sport