Andrés Avelino Montero Villegas, nado en Madrid en agosto de 1875 e finado en París o 24 de agosto de 1923, foi un político español.
Traxectoria Fillo de Eugenio Montero Ríos. Estudou Dereito e abriu un bufete en Madrid. Nada máis cumprir a idade regulamentaria, a familia situouno como deputado polo distrito de Mondoñedo (1901), no que se enfeudou durante seis lexislaturas (1901-1916). Desde 1916 até a súa morte foi senador pola provincia de Lugo. A protección de menores foi a súa gran preocupación e ocupación intelectual e social.
Obra Tribunales para niños (Madrid, 1913). Artigos publicados en La Correspondencia de España, con prólogo de Henry Carton de Wiart. Memoria elevada al Gobierno de S. M. en la solemne apertura de los Tribunales en 1916 Antecedentes y comentarios a la Ley de Tribunales para niños (1919) La Ley de Tribunales para niños en España (1921). Memoria presentada no segundo Congreso Internacional de Protección á Infancia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anatomía dunha rede caciquil
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1923